Pola volta de Umbro ás equipacións do Celta

0 have signed. Let’s get to 100!

Paula L. J.
Paula L. J. signed this petition

Hai xa case 10 anos que o RC Celta (antes coñecido coma Celta de Vigo) finalizou a súa relación con Umbro despois de case 24 anos. Dende entón tivemos que tragar cunha etapa de Li-Ning onde o celeste pasou a ser verdoso, con parches en cor dourada que se agretaban co primeiro lavado e desabastecementos na tenda oficial dende o mes de febreiro.

Trala etapa con Li-Ning chegou Adidas, pero a cousa non mellorou. Se ben os deseños son máis vistosos, trátanse de modelos de catálogo de calidade cuestionable que ven cuadriplicado o seu prezo ao porlles enriba o noso escudo e os parches dos patrocinadores.

Cántos de nós gardamos con especial aprezo equipacións da etapa de Umbro! Con deseños propios e cunha calidade descoñecida para nós dende entón. Se ben entendemos que o cambio de Umbro a Li-Ning estivo motivado por cuestións económicas, pensamos que hoxe o clube se pode permitir agasallarnos co regreso a Umbro! Non estaría mal como parte da actual operación retorno ;) De seguro que tamén estarían interesados en ter unha tenda na sede.