Pseudociencias fóra da Universidade

0 pessoa já assinou. Ajude a chegar a 100!


Unha crenza pseudocientífica logrou colarse novamente pola porta de atrás do noso sistema educativo. Trátase da astroloxía, a absurda e non por iso menos extendida crenza de que a posición dos astros no cosmos é relevante para a nosa saúde, situación sentimental, familiar, laboral ou económica. 

Esta superstición, que carece de toda base científica e lóxica, atopará pronto, se non o remediamos, cunha tribuna na Coruña a través da UNED, da man de Gonzalo de la Huerga Fidalgo, quen emprega o cargo de maxistrado do TSXG para vernizar de prestixio, credibilidade e legalidade a súa palestra «Iniciación a la Astrología: qué es y qué papel juega en nuestras vidas», enfocada obviamente a promocionar esta disparatada crenza e de paso embolsarse uns bos cartos.

Non debemos permitir que a charlatanería volva atopar unha fenda no noso sistema educativo público para seguir espallando as súas sandeces, ao nivel dunha ensinanza seria, contrastada ou útil.

Por iso os abaixo asinantes pedimos á UNED que suspenda esta actividade de inmediato e estreite no futuro a vixilancia sobre outras actividades relacionadas con esta e outras crenzas carentes de base científica.



Hoje: Pobo está contando com você!

Pobo Galego precisa do seu apoio na petição «Pseudociencias fóra da Universidade». Junte-se agora a Pobo e mais 35 apoiadores.