Por unha nova captación de auga no río Miño para Ribadavia

Por unha nova captación de auga no río Miño para Ribadavia

Creada
13 de septiembre de 2022
Firmas: 107Próximo objetivo: 200
Apoyar ahora

Por qué es importante esta petición

Ribadavia sufriu este verán unha seca nunca antes vista, debido as condicións meteorolóxicas, a falta de choiva e a un cambio climático que cada vez golpea máis a nosa terra. Esta circunstancia provocou a ausencia de auga dos regatos e ríos que ata o momento subministraban auga a vila e aos núcleos de poboación do municipio.

O Concello tivo que traballar contra o reloxo e contra vento e marea para evitar que a veciñanza quedase sen auga e co paso do tempo conseguiu paliar os efectos e volver a normalidade. 

Tras superar a problemática este ano e para evitar que nun futuro se repita esta mesma situación, dende o Concello de Ribadavia realizáronse todas as xestións necesarias para que se poida iniciar a construción dunha nova estación de captación no río Miño e que deste xeito, Ribadavia non volva a padecer os efectos da seca nun futuro. Gracias a labor do goberno municipal e tras este intenso traballo, conseguiuse unha solución provisional e urxente, autorizada pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil, solucionando deste xeito a grave crise acontecida este verán. Agora toca pensar no futuro.

Para a construción desta nova captación é preciso que a Xunta de Galicia e Augas de Galicia se impliquen de forma directa neste proxecto. Para elo, a alcaldesa de Ribadavia xa se ofreceu en numerosas ocasións a sentarse e dialogar, co obxectivo de chegar a un acordo en beneficio dos veciños e veciñas de Ribadavia. Ata o de agora, o goberno galego e os responsables da Xunta non deron resposta.

Ante esta situación, iniciamos unha recollida de firmas para que a Xunta de Galicia e Augas de Galicia atendan a petición para a construción dunha estación de captación no río Miño. A auga é vida e o Concello de Ribadavia e a súa veciñanza precisan desta captación para poder optar a un recurso imprescindible no futuro.

Apoyar ahora
Firmas: 107Próximo objetivo: 200
Apoyar ahora