POCOMACO - POR UN POLÍGONO MÁIS ACCESIBLE, CÓMODO E SOSTIBLE

POCOMACO - POR UN POLÍGONO MÁIS ACCESIBLE, CÓMODO E SOSTIBLE

Creada
1 de noviembre de 2022
Dirigida a
Polígono Industrial POCOMACO (Polígono de Pocomaco - Gerencia) y 3 otros/as
Firmas: 107Próximo objetivo: 200
Apoyar ahora

Por qué es importante esta petición

Iniciada por Ignacio C

Ano 2022.

O polígono de POCOMACO, con máis de 40 anos de historia, parece ancorado no pasado: o transporte público que chega ou cruza o polígono para acceder aos centros de traballo é escaso ou case nulo, pésimas frecuencias e só dúas liñas de bus urbano; o bus metropolitano, nin se espera, algo que aliviaría e moito os problemas de acceso á Coruña cada mañá na Avda. de Alfonso Molina; a xente traballadora do polígono está case obrigada a usar transporte privado pola falta de alternativas fiables. Hai unha vía férrea morta que pensamos que se podería recuperar cun transporte que podería chegar nada menos que á estación de tren, é tan utópico pensar na comunicación por camiño de ferro ao polígono xa non só desde a Coruña senón desde outras partes moi poboadas da área metropolitana cuxa poboación tamén traballa neste polígono? Estamos en Europa? Falta de zonas verdes, arboradas, sombras e espazos para poder descansar ao aire libre e comer nas pausas da xornada laboral. É perigoso para transitar a pé, hai demasiado tráfico non regulado nas horas punta e hai unha preocupante falta de beirarrúas. O mesmo se decides acceder en bicicleta ou outro medio sostible, non hai carrís bici e estás exposto aos perigos do tráfico. Non existen os aparcadoiros de bicicletas ou zonas vixiadas para as mesmas (por exemplo consignas), non chega o servizo Bicicoruña (supoñemos que por unha cuestión de competencias e xestión). Hai escaseza de prazas de estacionamento, o que está moi ligado ao xa exposto de ter que se desprazar tanta xente en vehículo privado; as zonas disuasorias teñen que se habilitar de forma razonable. De nada serve deixar o coche lonxe do centro de traballo se despois tes que facer pouco menos que unha xincana para chegar a pé e exposto ás inclemencias meteorolóxicas e á pouca seguridade que inspira a nula regulación de tráfico e beirarrúas. As velocidades coas que se circula no polígono son preocupantes tamén.

A web do polígono ten un servizo para compartir transporte privado, pero non parece que sexa moi coñecido ou utilizado, polo que hai que artellar máis solucións.

Sería o mellor para todos, como centro de atracción de novas empresas e garantía de estabilidade das existentes, tamén pola comodidade e benestar da xente que pasamos alí tantas horas, que o polígono se modernizase e que houbese unha colaboración real e plausible entre administracións e a xerencia do polígono. É unha cuestión de investir, non hai recursos ou non se destinan ao necesario? Se hai diálogo e negociacións nestes aspectos, aos traballadores non nos está chegando a información.

Por iso, lanzamos esta petición á que agardamos que se sume moita xente e que nos escoite non só a xerencia do polígono, senón tamén as administracións, que haxa unha colaboración necesaria para avanzar e mellorar nas condicións e a sostibilidade dos centros de traballo

Grazas pola vosa atención e apoio a esta demanda que é polo ben de todos.

Saúdos.

Apoyar ahora
Firmas: 107Próximo objetivo: 200
Apoyar ahora

Destinatarios de la petición

  • Xunta de Galicia
  • Polígono Industrial POCOMACOPolígono de Pocomaco - Gerencia
  • Concello da Coruña
  • Deputación da Coruña