Firma para un futuro mellor para Sobrado.

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 500!


PLATAFORMA VECIÑAL DE SOBRADO

Dende a Plataforma Veciñal de Sobrado, comunicamos a nosa preocupación polo concello, tendo en conta as decisión políticas que nos perxudican ao conxunto do pobo. 
Queremos propiciar a participación colectiva na política, apartándonos de unha postura conformista. Para isto queremos descubrir a realidade actual.

O noso principal obxectivo é darnos voz, sen ningún tipo de tinte político nin ideolóxico. Queremos políticos que traballen por e para a xente, temos o dereito de decidir como será Sobrado nos próximos anos. Tanto dende o punto de vista urbanístico, social, educativo, como económico e cultural.

Por isto, vemos convinte firmar este documento, por:
- A falta de dialogo para aprobar e chegar a acordos beneficiosos. 
- Pola escasa transparencia e comunicación coa veciñanza.
- Non sentirnos informados da actual moción de censura; debido a que os concelleiros non asisten aos plenos. Os argumentos en que se apoia a moción carecen de credibilidade.
O cometido principal desta plataforma veciñal é loitar contra as inxustizas e apoiarnos entre nos, dando prioridade á legalidade total e atención por igual de toda a poboación de Sobrado. Xa que é unha entidade pública a prol de todos e todas.



Hoy: Plataforma Veciñal de Sobrado cuenta con tu ayuda

Plataforma Veciñal de Sobrado necesita tu ayuda con esta petición «Poboación de Sobrado: Por unhas políticas máis comprometidas coa poboación de Sobrado.». Únete a Plataforma Veciñal de Sobrado y 238 personas que ya han firmado.