Petición cerrada
Dirigida a Alberto Núñez Feijoó y 1 otro/a

Pide ao Presidente da Xunta de Galicia que esixa o cese inmediato a Conde Roa

As Xuventudes Socialistas de Santiago de Compostela inician unha recollida de sinaturas para pedir ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, a dimisión inmediata do alcalde compostelán, Gerardo Conde Roa trala querela polo penal por un presunto fraude a Facenda Pública por valor de 291.000 euros. A Secretaria Xeral da organización, Noemi Fernández, amosou a sua preocupación pola imaxe negativa que se está a trasmitir da capital galega nos últimos días, e afirma que “unha persoa que non cumpre cos seus deberes como cidadán, non pode xestionar a nosa cidade”. Segundo Noemi Fernández “os cidadáns non poden confiar o seu diñeiro a unha persoa que acumula débedas polo impago dos seus impostos”. Os mozos e mozas socialistas de Compostela sinalan que as explicacións facilitadas polo rexidor compostelán ata o momento, só aclaran que usou os cartos de todos os cidadáns para pagar as suas débedas. Conde Roacobrou 291.000 euros de IVE pola venda de 61 vivendas e, en lugar de ingresalos nas arcas públicas, gastounos. A sua secretaria engade que “que non podemos permitir que Conde Roa siga exercendo o seu cargo como alcalde de Santiago de Compostela cando a sua honradez está sendo cuestionada”. Ante esta situación insostible, Xuventes Socialitas de Compostela organiza a recollida de sinaturas que se levará acabo nos próximos dias nas principais rúas e prazas da capital galega, para que todos os cidadáns podan esixir a Núñez Feijoo que pida o cese decontado a Conde Roa. Nestes momentos, Santiago de Compostela precisa dun alcalde que resolva os problemas dos seus cidadáns.
Esta petición fue entregada a:

    Xuventudes Socialistas de Compostela ha iniciado esta petición con solamente una firma y ahora la petición ha conseguido 275 personas que la apoyan. Inicia una petición tu mismo para crear los cambios que quieres ver.




    Hoy: Xuventudes cuenta con tu ayuda

    Xuventudes Socialistas de Compostela necesita tu ayuda con esta petición «Pide ao Presidente da Xunta de Galicia que esixa o cese inmediato a Conde Roa». Únete a Xuventudes y 274 personas que ya han firmado.