Non o cambio de nome do IES Miguel Ángel González Estévez

Non o cambio de nome do IES Miguel Ángel González Estévez
Por qué es importante esta petición
“Non teño talentos especiais, pero si son profundamente curioso.”
Albert Einstein
Nos centros educativos debería primar a curiosidade como medio de alcanzar o coñecemento, e o desenvolvemento das cualidades e capacidades do alumnado para poder aproveitar o aprendido; Miguel Ángel González Estévez era desa opinión e nesa confianza creou unha estrutura educativa que se chamaba Instituto de Carril, a súa fe nas habilidades do alumnado foi quen de facer dun centro educativo convencional, o centro referente da cultura e as artes, do intercambio coa sociedade e da aprendizaxe activa.
O alumnado tiña exposicións regulares nunha sala do seu centro, polo que pasaron artistas de sona, facíase teatro que saía dos muros do centro e viaxaba a outros salóns de actos galegos, potenciábase a actividade musical dando cabida a grupos de todos os xéneros, chegando a crear un festival de música folk de ámbito autonómico para darlle visibilidade; sen esquecerse do deporte feminino, impulsado polo equipo de Miguel e do que, co seu esforzo persoal, xurdiu o Inelga, xermolo do actual Cortegada.
Saíron das súas mans deseños de moda, cancións, libros e todo tipo de artes e artistas que hoxe teñen un oco na sociedade, aínda que haxa xente que non os recoñeza coma tal. Por estes e outros milleiros de motivos, por ser inspiración e exemplo, foi polo que se levou a cabo unha mobilización popular que desexaba inmortalizar o seu traballo dándolle o seu nome ao centro ao que lle dedicou a súa vida, o instituto de carril, si, Instituto de Carril, que ninguén renega do lugar de ubicación do centro, pero tal ubicación non a vai perder xamais, e por unha falsa practicidade, hoxe perdeu o nome que merecía aquel que foi a casa acolledora de moita xente que se veu inspirada pola paixón de Miguel.
Repensen a súa decisión e miren a sociedade que os rodea e que non debe, nin quere, perder de vista o referente que foi Miguel Ángel.
Esa Comunidade escolar debería sentirse orgullosa de lucir na porta o nome dunha gran persoa e sobre todo aprender que non se debe esquecer a historia que lles deu forma; talvez no canto de cambiarlle o nome deberían pensar na divulgación dos seus feitos para que ninguén, e as persoas que forman o claustro menos, esqueza que a docencia precisa de paixón e curiosidade.
ASINADO:
Leixapén
Asociación Cultural Malveiras
Mar Barral (ceramista)
Franco Quintáns (Deseñador de moda e “Dedal de oro, 2014.
Andrea Fdez. Maneiro (poeta)
Manuel Riveiro (músico e compositor)
Álex Vazquez (pintor)
Juan carlos Platis (pintor)
Carmen Cuervo Martinez (Pintora, musico, escritora e Dir.ª de arte)
Enma Casteñeiras Martínez (pintora, musico e Dir.ª de arte)
Agrupación Deportiva Cortegada
CLB