Non á marxinación das ciencias na educación secundaria!

Non á marxinación das ciencias na educación secundaria!

338 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 500!
Alerta Ciencia ha iniciado esta petición

Os profesores e profesoras de Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química queremos manifestar a nosa preocupación polos prexuízos na formación científica que a nova lei educativa, e os currículos propostos e aprobados polo Goberno Central, van ocasionar no noso alumnado, que é a sociedade do futuro.

Proponse unha redución de 9 a 6 horas semanais en Bioloxía e Xeoloxía en toda a etapa da ESO, e de 8 a 6 no caso de Física e Química. No Bacharelato, as disciplinas destas dúas especialidades son despoxadas dunha das súas catro horas semanais actuais, necesarias e imprescindibles, ao seren estas específicas da modalidade de Ciencias e Tecnoloxía.

Consideramos que é moi difícil o adecuado desenvolvemento destas materias cun número tan reducido de horas semanais, e que as disciplinas da área das ciencias naturais, de gran importancia para comprender o mundo que nos rodea, corren o risco de converterse en ensinanzas de escasa relevancia. 

Por se isto fose pouco, é máis que dubidosa a permanencia de optativas de carácter científico moi útiles e demandadas polo alumnado, na ESO e no Bacharelato, como Anatomía Aplicada,  Cultura Científica ou Ciencias da Terra e do Medio Ambiente, que aportan coñecementos moi necesarios para os alumnos e alumnas que desexen realizar un grao universitario de índole científica. 

Nunha sociedade que vén de vivir unha pandemia, a erupción volcánica de maior duración desde que existen rexistros, e que todos os días recibe información sobre os efectos do cambio climático, consideramos que calquera goberno que pretenda ter unha cidadanía formada para comprender estes e outros moitos fenómenos cotiáns, non pode lexislar de costas á ciencia. 

Por isto, queremos expresar e transmitir o noso rexeitamento aos cambios que a nova lei, e os currículos para a Educación Secundaria derivados desta, van  introducir nas especialidades de Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química. Entendemos que todos estes cambios van supor unha perda significativa na importancia que deben ter e esiximos que todo isto se teña en consideración por parte do Goberno Español, e tamén á hora do seu debate no Parlamento Galego.

Esta iniciativa será trasladada aos grupos políticos do Parlamento Galego para que se teña en conta cara ao debate dos novos decretos da ESO e o Bacharelato na nosa Comunidade.

338 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 500!