Non á guerra. As vosas guerras, os nosos mortos

Non á guerra. As vosas guerras, os nosos mortos

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 1000!
Con 1000 firmas, es más probable que esta petición aparezca entre las peticiones recomendadas
Antón Mascato ha iniciado esta petición

NON Á GUERRA. AS VOSAS GUERRAS, OS NOSOS MORTOS.

Unha vez máis Europa volve ser un territorio en guerra, agora é a xente da Ucraína quen sofre a intervención rusa, polo que os/as adherentes a este manifesto queremos amosar a nosa indignación, esixindo:

1.     O inmediato cesamento de calquera hostilidade e a recuperación do argumentario das ideas como única confrontación posible. 

2.     O retorno ás vías de negociación diplomática como sistema civilizado de resolver discrepancias e diferenzas.

3.     A restauración da paz, a retirada de calquera acción bélica e o desarmamento militarista de todos os Estados como único espazo posible no que construír sociedades seguras, libres de crimes de lesa humanidade. 

4.     Que a comunidade internacional, sen interferencias imperiais,  actúe de mediadora neste conflito, no seo de organizacións que, como a ONU, teñen esa misión principal. Os investimentos na militarización das nosas sociedades provocarán unha peor sanidade, educación, protección social...

5.     Dos Estados español e portugués, os máis próximos a nós, demandamos unha radical neutralidade, coa non intervención neste conflito, comprometéndose coa paz e a non intervención militar bélica, comezando pola redución do orzamento militar.

6.     O amparo das xentes do común de calquera nacionalidade ou territorio (en especial a poboación ucraína, incluída a de Donetsk e Luganks), pois son sempre as vítimas dos crimes de guerra, desta e de todas as guerras: as vidas de seres humanos, as súas vivendas, os seus recursos.

7.     A salvagarda dos dereitos e liberdades da cidadanía, hoxe ameazadas por medidas como a detención de xornalistas, a prohibición de medios de comunicación e a restrición ao acceso ás redes sociais.

8.     A fin de calquera acción de imperialismo, de asoballamento a terceiros, e o pleno exercicio do dereito á soberanía nacional en todos os espazos, sen intromisións alleas, anexións territoriais, ou expansión estratéxica de bloques ou poderíos militares.

9.     Camiñar cara un mundo no que as relacións sexan de multipolaridade, afastada de calquera pretensión de dominio unipolar, hoxe representado no bloque belicista liderado polos EEUU-OTAN.

 

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 1000!
Con 1000 firmas, es más probable que esta petición aparezca entre las peticiones recomendadas