Restitución das placas dos Reis da Galiza no Pantéon Real da Catedral de Santiago

Restitución das placas dos Reis da Galiza no Pantéon Real da Catedral de Santiago

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 1000!
Con 1000 firmas, es más probable que esta petición aparezca entre las peticiones recomendadas

Galiza Histórica ha iniciado esta petición dirigida a Museo da Catedral de Santiago de Compostela (Museo) y

Entidades ás que vai dirixida esta campanha:
- Museo da Catedral de Santiago de Compostela
- Fundación Catedral de Santiago de Compostela
- Concello de Santiago de Compostela
- Conselleria de Cultura. Xunta de Galicia
- Consello da Cultura Galega
- Parlamento de Galicia

Explicación da campanha:
No Pantéon Real da Catedral de Santiago de Compostela encóntranse os sartegos de diversos reis, imperadores e persoas moi relevantes da alta nobreza galega da plena Idade Media.

Porén, as placas indicativas colocadas en cada un dos sartegos, amosan na maioria dos casos, dados incorretos relativos ao Reino da Galiza. Estas placas foran postas en cuestión de forma reiterada por diversos investigadores, historiadores e entidades do noso país sen que fosen sustituidas até o momento por outras mais fidedignas.

É así obxecto desta campaña solicitar ao Museo da Catedral de Santiago de Compostela así como ao Concello de Santiago e a Conselleria de Cultura da Xunta de Galicia a sustitución das placas atuais por outras que se aproximen con mais verosimilitude ao que fontes primarias medievais teñen indicado sobre os reis da Galiza e o conxunto de persoas notabéis na nosa Idade Media sepultadas no Panteón Real da catedral compostelana.

A seguir indicamos a relación de reis e persoas notábeis enterradas no Panteón Real da Catedral de Santiago así como a nosa proposta de modificación para as placas indicativas (ver ligazón no final do texto).

FERNANDO II (1137-1188)

Fernando II, nacido en 1137 e falecido en 1188, aparece referenciado na Colección diplomática de San Martín de Jubia (977-1199, Santiago, 1935) como "Gallicie rex Fernandus.” E na Colección diplomática do mosteiro de Villanueva de Oscos. (Oviedo, 1981, doc. 5) como “Fredenandus rex in Galicia” e  “regis Fernandi imperat Galletia” (doc. 6).

Noutro documento de 1152 (Archivo Municipal de Benavente,  doc. 104-1) referido á súa coroación, aparece como “regnante dono Fernando rege in Gallecia”. Tamén nunha série de documentos de 1155 da Catedral de Lugo encontramos a referencia a el como Rei de Galiza: “Fernandus filius eius rex Galletie laudat et confirmat”.

E nos Anais Camarecenses (Annals of Cambrai. 1159. Monumenta Germaniae Historica) dispomos da pasaxe referida ao ano 1159 no que Fernando II é citado como “Imperator quippe Galitiae Sarracenos ipse congreditur”.

AFONSO VIII (1171-1230)

Afonso VIII denominado pola historiografía española como Afonso IX, naceu en Zamora, Reino de Galiza, o 15 de agosto de 1171 e finou en Sarria o 23 de setembro de 1230, foi definido polas fontes como rei dos leoneses e de Galiza "Adeffonsus Rex Legionensium et Gallecie" (Miniatura do Tombo A, Catedral de Santiago de Compostela).

PEDRO FROILAZ, CONDE DA GALIZA (1171-1230)

Pedro Froilaz, conde de Traba de Trastámara e da Galiza, xace tamén no panteón Real da Catedral de Santiago.  

Pedro Fróilaz –por designación directa da infanta Urraca, ou mesmo do propio Afonso VI– chegou a titularse no ano 1108 como “comes Petrus in Gallecia”;[1] aparecendo igualmente, durante os primeiros anos do reinado e Urraca como “Gallecie comes”, “principis Gallecie” ou “imperante orbem Gallecie”[2]

[1] Tombo de Caaveiro (TMC), II, doc. 148
[2] Diplomatario de la reina Urraca de Castilla y León (1109-1126), (DRUCL), docs. 1, 36, 37, 39; TMC, I, docs. 137, 177; CDMSMJ, docs. XIX

FERNANDO AFONSO, INFANTE (1192-1214) (ANTES ATRIBUÍDA A REIMUNDO DE BORGONHA)

Fernando Afonso foi fillo e herdeiro de Afonso VIII, rei de Galiza e dos leoneses, e da súa primeira esposa a raíña Teresa de Portugal.

Fernando Afonso, descendia por liña directa de Reimundo de Borgoña, Conde de Galiza, iniciador da dinastía borgoñona na península ibérica. Por vía paterna era bisneto do imperador Afonso VII e neto do rei Fernando II da Galiza; por vía materna era bisneto de Afonso Henriques, primeiro rei de Portugal, e neto do fillo deste, Sancho I.

Fernando Afonso foi enterrado na Catedral de Santiago de Compostela nun grande funeral[1], o seu pai Afonso VIII encargou unha sepultura que foi incluída no Panteón Real da basílica.[2] A perda da memoria histórica do reino, e o abandono do espazo funerario fixo que o sepulcro fose tradicionalmente atribuido ao seu tataravó o conde de Galiza, Raimundo de Borgoña. No entanto, no ano 1990 o investigador e catedrático da USC, Serafín Moralejo sacou a luz a verdadeira atribución da tumba con argumentos aínda non rebatidos.[3]

[1] Puyol, Julio (1926). Cronica de España - Lucas de Tui. Real Academia de la Historia. p. 416.
[2] Boto Varela, Gerardo (2012). Aposentos de la memoria dinástica. p. 547.
[3] Moralejo Álvarez, Serafín (1990). ¿Raimundo de Borgoña o Fernando Alfonso?. Un episodio olvidado en la historia del panteón real compostelano.  Sociedad Española de Estudios medievales. pp. 161–179.

JOANA DE CASTRO (-1374)

Joana de Castro, foi filla de Pedro Fernández de Castro, conde de Lemos, Monforte e Sarria e de Isabel Ponce de León. Foi irmá de Fernán Ruiz de Castro e de Inês de Castro (esposa do rei Pedro I de Portugal). Joana casou en 1354 co rei Pedro I de Castela, que a abandonou poucos días despois de verificado o matrimonio.

Dª BERENGUELA (1108-1149)

Berenguela de Barcelona, tamén chamada Berenguera ou Berengaria, nacida en Barcelona en 1108 e finada en Palencia o 3 de febreiro de 1149, foi raíña consorte e esposa de Afonso VII rei e imperador da Galiza.

Asina e colabora coa campanha!!

Máis info sobre esta campanha e a proposta de modificación das placas:
https://www.galizahistorica.com/panteonreal

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 1000!
Con 1000 firmas, es más probable que esta petición aparezca entre las peticiones recomendadas