N550 FORA XA

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 500!


Desde fai xa demasiados anos o núcleo do Milladoiro está a sufrir o paso da N-550 o que divide en dous a nosa vila, e orixina inmensidade de trastornos e problemas para as persoas que residen na zona. Problemas de ruídos, contaminación, falla de seguridade viaria, atascos, etc.
Ante esta situación todos os grupos políticos municipais acadaron un acordo histórico para reclamar ás Administracións competentes (Goberno do Estado e Xunta de Galicia) unha actuación inmediata que permita a humanización da Avenida Rosalía de Castro.
En xaneiro creamos unha Plataforma veciñal co mesmo obxectivo: que se leven a cabo as actuacións necesarias para converter a actual N-550 nunha avenida urbana que sirva para a convivencia das veciñas e os veciños do Milladoiro.
Por iso queremos incorporar á Plataforma a todos os veciños e veciñas, ás diferentes asociacións comerciais, deportivas, culturais, ANPAS, de xubilados/as, e todas aquelas que queiran unirse a esta loita en beneficio de todos e todas e para o que necesitamos o maior número de apoios posible.
Para iso estamos levando a cabo unha recollida de firmas e en datas próximas imos convocar unha nova asemblea para informar e para concretar un programa de acción inmediatas.



Hoy: Fora cuenta con tu ayuda

Fora Xa necesita tu ayuda con esta petición «Ministerio de Fomento: N550 FORA XA». Únete a Fora y 287 personas que ya han firmado.