Constrúan unha variante da vía férrea para Parga. Non á división de Parga!

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 1.500!


ADIF presentou recentemente ó equipo de goberno de Guitiriz un novo proxecto para eliminar os tres pasos a nivel que hai no casco urbano de Parga.  Non é a primeira vez que propoñen algo semellante ó que propoñen agora; xá houbo proxectos similares e algún aínda mais ambicioso, pero non deixa de ser unha maneira máis de dividir Parga en dúas metades coma tódalas propostas anteriores. Sempre, todos estes proxectos, se atoparon coa oposición veciñal á esta división.

Parga xá nunca mais sería a mesma que coñecemos. Quedaría dividida en dous.

Dende 1875, os veciños e veciñas de Parga convivimos co tren. Co progreso e prosperidade que trouxo no seu momento e que fixo medrar a nosa Vila, mais tamén coas molestias, atrancos, accidentes e mortes que se produciron ó seu carón. Hoxe en día seguimos a padecer a división en dous do noso Pobo pola vía férrea e un paso a nivel no centro da mesma. Os terreos onde está asentado o antigo muelle de carga, ó igual que os das vías e o da estación de Parga foron expropiados ós veciños de Parga.

A división en dous de Parga veríase acentuada co proxecto que ADIF pretende executar na nosa Vila que consistiría na construción dun paso subterráneo á altura do paso central e a sustitución dos outros dous pasos por pasos peonís. A Vila de Parga vería como a vía férrea que a atravesa é valada e físicamente estaríamos a falar de Parga de arriba e Parga de abaixo.

Porén, dende Adif, volven a incidir en solucións que son prexudiciais para os habitantes de Parga, para as dúas feiras mensuais que teñen lugar na vila e para a propia configuración da Vila. Dende o punto de vista urbanístico, mais tamén no social.

Véñeno dicindo os veciños e veciñas de Parga dende hai moitos anos: non queremos unha Parga de arriba e unha Parga de abaixo e por suposto queremos que a fonte mais importante de ingresos para Parga que son as súas feiras sigan existindo e que a Vila de Parga manteña a súa cohesión.

Porén, entendemos que a seguridade é un ben irrenunciable que non podemos obviar. A supresión dos pasos a nivel é un obxectivo vital que non imos rexeitar. Mais non pode ser deste modo. Non ten sentido asegurar a seguridade dunha Vila enteira destruíndo a mesma.

É por iso, que os veciños e veciñas de Parga, en sendas reunións convocadas polo PP e o BNG, decidiron apoiar unha proposta para a construción dunha variante para sacar a vía férrrea do centro de Parga presentada polo BNG. Unha proposta ambiciosa que modificaría o trazado da vía dende a ponte da Retorta  polo norte de Parga e conectaría outra vez coa vía actual á altura de Recemil e reduciría o tramo actual de cinco quilómetros, a tres quilómetros sete centos metros co novo trazado. E o máis importante: non dividiría a Vila de Parga.

Asimesmo, liberaría uns terreos e unhas instalacións no centro da Vila para o desfrute público da cidadanía que suporían un revulsivo para o desenvolvemento de Parga.

Por outra parte, estariámonos adiantando aos tempos con esta proposta, dado que o ferrocarril está chamado a recuperar parte do seu protagonismo sobre todo no transporte de mercadorías e antes ou despois, para facelo competitivo, os trazados actuais que cruzan por ducias de vilas do País se terían que modificar como xá se fixo na variante da Pobra de San Xiao.

Si de verdade interesa por seguridade a supresión dos pasos a nivel de Parga, este proxecto é a mellor forma de facelo. Os veciños e veciñas de Parga non queremos unha Parga de arriba e unha Parga de abaixo. Queremos unha Vila unida, cohesionada urbanística e socialmente, e poder desenvolvernos sen barreiras que nos dividan e sen o perigo da vía férrea atravesando o noso pobo.

 



Hoy: afonso cuenta con tu ayuda

afonso losada rodriguez necesita tu ayuda con esta petición «Ministerio de Fomento: Constrúan unha variante da vía férrea para Parga. Non á división de Parga!». Únete a afonso y 1.444 personas que ya han firmado.