Mellora da aplicación PROENS

Mellora da aplicación PROENS
Creada
7 de septiembre de 2022
Firmas: 58Próximo objetivo: 100
Apoyar ahora
Por qué es importante esta petición

Iniciada por David González Gándara
Despois de participar no curso de formación da aplicación, onde se tivo a oportunidade de coñecer o seu funcionamento na práctica, observáronse unha serie de aspectos que se contradicen co que a normativa e as tendencias actuais da didáctica aconsellan. O deseño actual da aplicación forza ó profesorado a inclumplir algunhas cuestións:
- Onde di “unidades didácticas”, poñer “unidades didácticas/situacións de aprendizaxe”.
- O campo “peso” non debe ser obrigatorio nas pantallas Relación de Unidades didácticas (3.1) e Avaliación de UD (3.3)
- Engadir pantalla “Relación de instrumentos de avaliación” en sustición da pantalla 3.3
- Na páxina de Avaliación de UD (3.3), onde di “peso do instrumento” debería dicir, en todo caso, “peso do criterio”
- Mellorar a pantalla 4.2, que non se entende ben
- Retirar o peso dos instrumentos do apartado 5.2
- Retirar as pendentes para educación primaria no apartado 5.3
- Introducir a posibilidade de importar datos
- Introducir opcións para a globalización/interdisciplinariedade
- Ampliar os campos de texto
Todos os detalles atópanse neste documento.
Apoyar ahora
Firmas: 58Próximo objetivo: 100
Apoyar ahora