Manter en Galicia a marca "Banco Pastor"

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 500!


Reproduzo parte dun artigo de don Xoan Antón Pérez-Lema:

Recuperarmos o Pastor

"O Banco Popular no seu día absorbeu ao Banco Pastor, pero meses despois segregou unha nova entidade tamén chamada Banco Pastor, con personalidade xurídica, marca e ficha bancaria de seu. Ao Pastor fóronlle adscritos os activos e pasivos de case todas as oficinas do Grupo no país. O Pastor é, hoxe en día, un banco saneado, con 212 oficinas, un 20% de cota de mercado en Galicia e unha vocación de banca de pemes. A marca ten boa reputación, como amosa o feito de que mentres moitos clientes do Popular retiran total ou parcialmente os seus depósitos, os do Pastor permanecen estábeis.
Quere isto dicir que quen merque o Banco Pastor ten a garantía de gañar cartos dende o primeiro día".

Son un galego que bebe leite galego, que merca libros en galego, que se informa en medios de comunicación galegos, que se comunica grazas á telefonía galega,... Que domiciliou a súa primeira bolsa de estudos nunha "Cuenta Joven" do Banco Pastor, que abriu conta corrente no Pastor para a súa primeira nómina, que iniciou o seu aforro cunha "Conta de Aforro Vivenda" do Banco Pastor, que contratou co Pastor a hipoteca da súa primeira e única vivenda en propiedade.Son un veciño das persoas traballadoras que sostiveron o Pastor a pesar dos seus dirixentes, e tamén dos autónomos que o tiveron como apoio para levar adiante os seus proxectos.

Pídolle aos novos propietarios da rede de oficinas do Banco Pastor que o manteñan no territorio galego co seu nome e plantilla actuais.

Eu comprométome a domiciliar e ir cobrar na miña oficina do Pastor a miña pensión de xubilación, se chego alá, dentro de vinte anos.



Hoy: Carlos cuenta con tu ayuda

Carlos Pérez Varela necesita tu ayuda con esta petición «Manter en Galicia a marca "Banco Pastor"». Únete a Carlos y 334 personas que ya han firmado.