¡Solicitamos calidad en la ejecución de la obra!

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 500!


A medio do presente escrito, a “ANPA Pedras Brancas”, do CEIP FOGAR de Carballo, actuando en nome e representación, dos pais e nais dos alumnos de este centro, vimos a manifestar o noso malestar coas obras que se están levando a cabo no mesmo.

Esta Consellería adxudicou a execución da obra de mellora do Colexio CEIP FOGAR á empresa sevillana “Fonsan Gestión y Construcción S.L”, asinándose o contrato o pasado día 11 de xullo de 2.019, e con un prazo de execución de 3 meses, polo que deberían estar rematadas entre os meses de outubro ou novembro de 2.019, non obstante, estando xa no mes de febreiro de 2.020, as obras non están rematadas, nin se espera que vaian rematar nos vindeiros días cos inconvenientes que isosupón para toda a comunidade educativa.

O retraso nas obras non é o único problema que afecta tanto a profesorado como alumnos, se non as calidades na execución das mesmas, sen que se esté garantindo a seguridade dos menores.  Así, o pasado día 20 de decembro, o equipo directivo viuse na obriga de suspender as clases por mor das inundacións que afectaban ó centro, debendo adoptar esta medida ante a imposibilidade de garantir a seguridade e o benestar dos nosos fillos no caso de continuar coa actividade lectiva, facendo un grande esforzo para que os nenos puidesen voltar as aulas o 21 de decembro e poder desfrutar así do tan ansiado festival de Nadal.

En xaneiro, á volta de vacacións, a situación lonxe de mellorar empeorou e moito, poisna entrada habilitada de maneira provisional para os cursos de infantís, os obreiros colocaron un andamio polo que tiñan que pasar os alumnos para acceder as aulas, mentres os obreiros continuaban traballando,poñendo en perigo non só os alumnos si non tamén as súas familias. Para evitar riscos, a través da ANPA prantexamos, como medida alternativa, que os alumnos de infantil compartiran entrada cos alumnos de primaria, conscientesdos problemas que iso carrexa, pois ó equipo docente debe xestionar a entrada de 800 alumnos por un único acceso, acordandocomo medida o retraso na hora de entrada e saída dos máis pequenos, para evitar aglomeracións, pero obrigando os pais e nais dos alumnos a adaptarse a este novo horario, cos problemas de conciliación laboral que iso supón.

Outro dos graves problemas causado pola deficiente execución das obras e polo retraso nas mesas e o cerre do comedor por mor das inundacións que se producen no seu interior como consecuencia  das choivas, o que motivou que o inspector de sanidade suspendera o servicio de comedor en varias ocasiónsó non poder garantir que este servicio se desenvolveseen condiciónsóptimas, ocasionando, novamente, un grave perxuizo para as familias que contan con este servicio por motivos de conciliación laborais,  e influíndo tamén no horario de saída dos menores pois o profesorado ten que xestionar a saída dun número de alumnos máis elevado que o habitual.

A pesar de que desde o equipo directivo do centro se están tomando tódalas medidas posibles para que a actividade lectiva se desenvolva coa maior normalidade posible, o certo é que ó ANPA preocúpalle o retraso acumulado na execución das obras, así como  as deficiencias nas obras de melloras realizadas, visibles a simple vista, e das que mesmo se fai eco a prensa local onde se fala de portas mal colocadas, fiestras que filtran auga, pintura que salta, goteirasnos falsos teitos das aulas recén instalados... e un sinfin de problemas que non só fan ver cada vez máis lonxe a data de fin das obras si non tamén fan dubidar do seuresultado e si se está garantindo a seguridade e o benestar dos menores, que tódolos día deben convivir cunhas obras que cada día lles van gañando máis terreo, ó verse cada vez máis reducido a súa zona de recreo, invadido polos andamios.

Por todo isto, a medio de presente escrito pedimos  calidade na execución da obra! Non é normal que a escola estea en peores condicións do que estaba antes de comezar o traballo ... Canto máis temos que soportar?