Victoria

Manifesto Sanjurjo de Carricarte

¡La petición ha conseguido su objetivo gracias a 708 firmas!


Ante a sucesión de roubos que se veñen de producir no CEIP Sanjurjo de Carricarte da Coruña, así como a utilización ilexítima e continuada do patio do colexio para fins alleos os intereses educativos,  e perxudiciais para as nenas e os nenos, a Comunidade escolar no seu conxunto, así como a veciñanza do Barrio de Monte Alto, quere poñer de manifesto e denunciar o seguinte:

1. Cómpre tomar medidas para impedir que se volva a producir outro roubo no centro, así como a reposición do material escolar sustraído, equipo de son e ordenadores. Requirimos das autoridades competentes que se tomen as medidas de vixiancia necesarias, a instalación dunha alarma, así como asegurar os accesos o edificio do centro, instalando portas de seguridade, xa que as actuais son claramente insuficientes.

2. Ademáis é inaceptable a utilización do patio para facer botellón. De cotío aparece polas mañás cheo de cavichas, cristais, botellas e lixo en xeral, sendo perigoso para as nenas e os nenos precisándose unha maior presenza policial na zona.

3. Igualmente, solicitamos que se mellore a contorna do centro a través do saneamento e pintado das escaleiras de acceso ó mesmo, xa que están cheas de humidades e ferruxe, resultando inadecuadas para os nenos.

4. Por último solicitamos medidas de limpeza e saneamento do solar contiguo ó colexio, actualmente en estado de desatención e abandono, cheo de lixo e cacas de can. Esiximos que se limpe e que se respeten e cumplan as ordenanzas municipais de limpeza e salubridade públicas.

As medidas solicitadas entendemos que son necesarias e razoables, polo que requirimos ás autoridades competentes para que se impliquen e tomen as medidas axeitadas para atendelas tan pronto como sexa posible.


Ado. A Comunidade escolar do CEIP Sanjurjo de Carricarte e a veciñanza do Barrio de Monte Alto da Coruña.



Hoy: Comunidade escolar do Sanjurjo de Carricarte cuenta con tu ayuda

Comunidade escolar do Sanjurjo de Carricarte necesita tu ayuda con esta petición «Manifesto Sanjurjo de Carricarte: Concello da Coruña». Únete a Comunidade escolar do Sanjurjo de Carricarte y 707 personas que ya han firmado.