A manipulación de La Voz de Galicia e El Correo Gallego no conflito da xustiza galega

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 1.500!


Denunciar a manipulación informativa destes dous medios de comunicación con respecto á folga indefinida da xustiza en Galicia desde o 7 de febreiro. As mentiras e falsedades reflectidas día a día nos medios de comunicación afíns ao goberno autonómico de Galicia (PP) e que reciben importantísimas subvencións do mesmo plasmase na falta absoluta de obxectividade nos devanditos medios (La Voz de Galicia e El Correo Gallego) - sirva como exemplo, que La Voz de Galicia recibiu 7,2 millóns de euros.

Ser "a voz do amo", medios de comunicación nos que só ten eco a versión gubernamental, carecendo de ningún tipo de perspectiva e realidade dos feitos, tal e como debe ser a premisa fundamental e básica dun medio informativo: a verdade, non a verdade da man que da de comer.

O vindeiro luns, 7 de maio, cúmprense tres meses do inicio desta folga indefinida na administración de xustiza en Galicia: unha folga histórica e sen comparanza. Unha folga na que se reclaman un dereitos xustos e dignos: unha denuncia da discriminación que os traballadores da xustiza estamos a sufrir (engadido ao "roubo" feito de xeito unilateral polo governo do PP entre os anos 2013 e 2016- e que ascendeu a cantidades entre 3.440 euros e 10.000 euros- e que sigue a existir a día de hoxe c@s nos@s compañeir@s de outras CCAA transferidas). 

Somos funcionarios estatais, maltratados, insultados, e invitados a abandoar Galicia. Un desprezo absoluto e unha pésima actuación de esta administración frente a unhas reclamacións xustas e dignas.

 



Hoy: #FOLGAXUSTIZA cuenta con tu ayuda

#FOLGAXUSTIZA necesita tu ayuda con esta petición «La Voz de Galicia/ El Correo Gallego : A manipulación dos medios de comunicación no conflito da xustiza galega». Únete a #FOLGAXUSTIZA y 1.407 personas que ya han firmado.