Cerdido Di NON ós MACROEOLICOS

Cerdido Di NON ós MACROEOLICOS
Cerdido di NON nace coa finalidade de recoller firmas para paralizar os proxectos de MACROparques eólicos proxectados na nosa zona e territorios colindantes.
Parques como o P.E. BADULAQUE, P.E. NORDES, ou P.E. O BARQUEIRO, traerían consigo macroeólicos de 200 metros de altura preto de aldeas e casas, eólicos que triplican en altura á Catedral de Santiago de Compostela, xunto con liñas de alta tensión e subestacións preto de vivendas.
Proxectos que supoñen unha amenaza e invasión de aldeas, a devastación de campos e terrenos forestais. Aldeas que cada vez terían máis dificil a sua supervivencia.
Creemos na enerxía renovable, no futuro, pero facendo que sexa compatible co respeto ó medio rural, ós seus habitantes, ós seus frutos e cultivos, coa saúde dos seus habitantes, e có seu futuro.
E..... ¿Cómo sería ter que vivir no medio de estos MACROparques Eólicos?
- RUÍDO. O zumbido insoportable e constante provocado polos aeroxeradores provoca nas persoas problemas cardíacos e alteración no sistema nervioso (estrés crónico, insomnio…). Os infrasóns emitidos polas turbinas tamén afectan negativamente ao gando.
- ACCIDENTES. O desprendemento de pezas dos aeroxeradores pode alcanzar vivendas, persoas, animais e granxas. Ademais no inverno as aspas poden acumular xeo e lanzalo a centros de metros de distancia.
- EFECTO DISCOTECA. As sombras das aspas que se proxectan sobre as casas provocan un efecto visual intermitente que é moi molesto e pode ocasionar estrés e alteración do sistema nervioso.
- INTERFERENCIAS. O macroparque interfire no correcto funcionamento dos sistemas de telecomunicación (móbil, TV..), radionavegación aérea e tamén radares.
- ROUBO. O espazo forestal e agrario queda dependente do macroparque por 30 anos prorrogables.
- PERDA DE VALOR. A existencia dun macroparque devalúa o valor dos terreos e das casas ata un 30%. A herdanza dos nosos avós vese empobrecida.
- A PAISAXE. A paisaxe do noso rural, verde e vivo, verase devastada e inutilizada polas líneas subterráneas, as redes de alta tensión e o radio de extensión de estos megaeólicos.
- RURAL EMPOBRECIDO. A contorna verase afectada negativamente no eido económico coa devaluación do terreo, a vivenda e a degradación do medioambiente.
AXÚDANOS A PARAR ISTO!! AÍNDA ESTAMOS A TEMPO !!
ASINA!
DIFUNDE!
Ligazóns de interese para AXUDARNOS