CONTROL da VELOCIDADE na Estrada da Malata en FERROL

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 500!


XOGARSE A VIDA. Todolos días os veciños residentes en Vila dos Piñeiros (A Malata -FERROL), ao sair cos nosos vehículos das nosas casas para facer a nosa vida temos que incorporarnos obrigatoriamente a estrada da Malata. Temos un único acceso, con escasa e ,a veces, nula visión e coas velocidades as que circulan os vehículos, tanto baixando polo Raposeiro a carreteira  da Malata seguindo ata Os Corrais como no sentido contrario subindo en dirección a Canido.

A gran maioría de vehículos, con persoas ao volante de todalas idades e de toda condición suben e baixan pola estrada da Malata a toda velocidade, facendo que os veciños do lugar " Vila dos Piñeiros, os do Raposeiro e os residentes a veira da propia estrada da Malata nos XOGUEMOS A VIDA todolos días.

Ademáis a zona é moi transitada pola ciudadanía (xoves, maoires, nenos) tanto para acudir as instalacións deportivas existentes no Estadio da Malata e alrededores como para disfrutrar da zona de esparcimento (pasear, facer deporte, de lecer polo parque, etc). Toda esta xente tamén xógase a vida para poder cruzar a estrada da Malata e poder acceder a todos estos espazos.

SOLUCIÓNS  REQUERIDAS

- Que a Deputación de A Coruña, dende o seu departamento de Infraestructuras varias, Vías e Obras Públicas implante toda a sinaléptica necesaria do límite de velocidade correspondente , clara e abundante por toda a estrada en ambolos dous sentidos.

- Instalancións de bandas rugosas en ambolos dous sentidos, en zonas donde non molesten aos veciños. ( tres ou catro por sentido de circulación)

-Pintado novo en toda estrada cos accesos e saídas ben señalizadas e todas as indicacións necesarias na superficie da estrada.

- Controis continuos de velocidade por parte da Policía Local de Ferrol ata que os conductores acaben concienzándose do risco que supoñen para veciños e viandantes. E paralizar as abundantes actuacións abusivas de persoas facendo derrapes e trompos (na zona de entrada preferencia do estadio, zona de aparcamento e caravanas, etc) facendo derrapes e trompos.

 



Hoy: Maximino cuenta con tu ayuda

Maximino López Rivas necesita tu ayuda con esta petición «José Manuel Pequeño Castro: Pte. Vías e Obras Deputación da Coruña: CONTROL da VELOCIDADE na Estrada da Malata en FERROL». Únete a Maximino y 314 personas que ya han firmado.