Machismo fóra de Valga: esiximos ao goberno local que rectifique

Machismo fóra de Valga: esiximos ao goberno local que rectifique

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 500!
Con 500 firmas, es más probable que esta petición aparezca entre las peticiones recomendadas
O Refaixo de Carolina ha iniciado esta petición dirigida a Goberno local de Valga

No pleno do pasado 25 de novembro, o goberno local do Concello de Valga votou en contra da proposta para a adhesión ao protocolo En Negro Contra as Violencias . Feito aínda máis grave, se cabe, tendo en conta que foron catro as mulleres asasinadas nesta localidade este ano. 

Segundo expresou o alcalde durante a sesión plenaria, non subscribiron tal proposta porque considera que xa se está a facer o suficiente. Ante a incomprensión de tal afirmación, iniciamos esta campaña de recollida  de sinaturas, para esixir que o Goberno local do PP rectifique, se sume a este protocolo e faga unha declaración institucional en contra da violencia de xénero.

Catro mulleres asasinadas, dúas crianzas sen nai, un pai e unha nai sen filla, un fillo e unha filla coa orfandade súbita....veciñas e veciños aínda coa conmoción no peito; e o señor alcalde di, tan campante no sillón de mando, que se fai o suficiente; que non é preciso asinar compromisos nin protocolos; actos cara á galería, lles chama. Pensaba o mesmo cando aceptou toda sorte de entrevistas e micrófonos ante os que mostrarse afectado momentos despois dos crimes? 

Todas as iniciativas para acabar con esta lacra son poucas. Basta xa! Asina.

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 500!
Con 500 firmas, es más probable que esta petición aparezca entre las peticiones recomendadas