conseguir que as linguas cooficiais estean representadas no parlamento europeo

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 5.000!


Ola a todos e todas, somos o alumnado de 4o ESO do CPI O Cruce de Cerceda (A Coruña). Este ano somos escola embaixadora da Unión Europea e queríamos aproveitar para poñer en marcha unha iniciativa popular para que as linguas cooficiais do Estado español, é dicir, o galego, o catalán e o éuscaro, sexan recoñecidas como linguas oficiais na UE.

Todos os galegos debemos defender a nosa lingua porque é parte da nosa identidade. Como Castelao deixou dito: “Se aínda somos galegos é por obra e graza do idioma”. Trátase dunha lingua que está en proceso de substitución tal como alerta o último informe do Consello de Europa e que temos a obriga de protexer.

A UE xa lexislou sobre o tema, mediante a Carta europea para as linguas rexionais e minoritarias do 1992 (ratificada no 2001), pero agora debe dar un paso máis na protección destas linguas e recoñecelas como oficiais dentro dos seus propios organismos: é dicir, debe dar exemplo.

Coa vosa axuda, se asinades esta iniciativa e lle dades visibilidade, axudaredes a salvar unha parte fundamental da nosa historia, da nosa cultura, do noso ser.

                                         Por un futuro para o galego