Revocación dos permisos de construción dun muro na praia de Parameán

Revocación dos permisos de construción dun muro na praia de Parameán
Por qué es importante esta petición

#SALVEMOSPARAMEÁN
REVOCACIÓN DOS PERMISOS DE CONSTRUCIÓN DUN MURO NA PRAIA DE PERAMEÁN
A Praia de Perameán, en Esteiro (Muros), cunhas dunas protexidas pola súa riqueza medioambiental, está a sufrir unha deformación do seu entorno natural a causa da construción dun muro de formigón en plena liña de Praia.
Tanto a Xunta de Galicia como a Demarcación de Costas de A Coruña concederon uns permisos para realizar un desmonte e construir un muro a escasos metros da Praia de Parameán, na zona do Petón. Esta construción (de formigón) ademáis de non respetar o entorno natural dificulta o accesos ó areal e invade a servidume de tránsito.
Os veciños do pobo de Esteiro, a través das distintas asociación e agrupacións, rexeitamos enerxicamente estas obras, que atentan gravemente contra o entorno natural no que está enclavado a praia de Paramean.
A través do movemento cidadá “Salvemos o Petón”, a veciñanza reclamamos que tanto a Delegación de Costas de A Coruña como a Xunta de Galicia anulen os permisos concedidos, xa que representan un atentado para o patrimonio natural do noso pobo, patrimonio que os veciños de Esteiro queremos seguir preservando para as vindeiras xeracións.