Que se cambie a estatua de Calvo Sotelo de Tui por unha de Evaristo Paramos.
Esta petición ha conseguido 5.968 firmas
En pleno século XXI, a cidade de Tui segue exibindo na súa rúa máis céntrica a estatua dun personaxe sen valores democráticos a reivindicar para a historia da cidade: José Calvo Sotelo.
Así, a presenza de quen foi ministro da dictadura de Primo de Rivera, semella saudar a quen por alí pasa dando a entender que Tui segue ancorada nunha época antiga carente de liberdades.
É por iso que solicitamos a través de esta petición a sustitución de esta estatua pola dun personaxe moito máis actual, moderno e coherente coa época e momento que vivimos: Evaristo Páramos.
Nado o 13 de xuño de 1960 o que foi cantante do grupo "La Polla Records" é un dos máis ilustres tudenses ata a época, merecedor sen algunha dúbida do honor deste recoñecemento pola súa propia cidade natal.