Continuidade do programa ARCO nos centros educativos!!

Continuidade do programa ARCO nos centros educativos!!

4407 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 5000!
Creada
Dirigida a
Consellería de Cultura, Educación e Universidade y

Por qué es importante esta petición

Apoio ao alumnado con necesidades só no primeiro trimestre do curso?
El programa ARCO, cal é a súa finalidade? Citamos textualmente:

"Co fin de seguir avanzando cara á consecución dunha escola de calidade e inclusiva que responda ás necesidades de todo o alumnado, e para continuar traballando polo fomento do éxito escolar e a prevención do absentismo e abandono escolar temperá, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade promove, por segundo ano consecutivo, esta iniciativa dirixida a centros docentes públicos, co obxecto de favorecer a participación do alumnado no grupo-clase e a consecución do seu máximo desenvolvemento emocional, intelectual, social e profesional"

É UNHA BROMA? PRETENDEN ACADAR DITOS OBEXECTIVOS CON APENAS DOUS MESES DE TRABALLO!

Polo tanto, os mestres/as expoñemos:

Non se cumpren os obxectivos do programa con tan so dous meses escasos de duración. Non comezamos ata mediados de outubro, cando o apoio tería que comezar en setembro, momento de inicio do curso escolar. En algúns casos este apoio retrasouse aínda máis, xa que a última vacante ARCO foi adxudicada no mes de novembro, polo que o apoio non durou a totalidade do trimestre.

É unha incongruencia pedagóxica que haxa cursos que conten cun apoio durante todo o curso mentres que outros reciben apoio soamente durante dous meses. 

Na prensa expúxose que a Consellería contratou persoal de reforzo, pero a realidade é que a maioría dos contratos ARCO son a media xornada e no mellor dos casos  de dous meses de duración. 

A falta de apoios nos centros e os recortes fan que boa parte do alumnado quede sen persoal necesario para alcanzar os obxectivos propostos no programa. A maioría dos centros tan so contan cunha persoa especialista en Pedagoxía Terapéutica, polo que boa parte do alumnado que recibe o reforzo Arco durante estes meses quedará sen ningún tipo de reforzo o resto do curso académico. 

Citando algúns apartados da nosa actual lexislación pódese observar que a Consellería segue sen respetar varios dos seus puntos: 
- Decreto 229/2011, artigo 38.1: Recursos Humanos. “A Consellería establecerá a optimización dos recursos humanos na atención ao alumnado con NEAE”.

- D.229/2011, artigo 38.2: “os centros educativos contarán cos profesionais necesarios para atender as necesidades do seu alumnado”. 

- Orde do 8 de setembro de 2021, artigo 77. Dereito aos recursos: “A Consellería garante unha equitativa distribución dos recursos no sistema educativo, por entender que son un dereito do alumnado e unha forma de contribuír á calidade educativa, á atención á diversidade e á inclusión. Estre estes recursos, como se dispón no capítulo VI do Decreto 229/2011, están os recursos materiais e os recursos humanos”. 

- Orde do 8 de setembro de 2021, artigo 79.1. Recursos profesionais: “os centros docentes contarán coas persoas profesionais especializadas que necesiten para atender as necesidades educativas da totalidade do alumnado que escolarizan”. 

Por todo o exposto,  SOLICITAMOS    :

—    A continuación da iniciativa ARCO no segundo e terceiro trimestre, para que o alumnado poida acadar os obxectivos do programa e, desta forma, se beneficie do reforzo, apoio e consolidación das aprendizaxes e contidos esenciais para favorecer a súa participación no grupo-clase.

  

 

4407 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 5000!