Axuda a protexer o río Anllóns

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 500!


De cada vez que chove a situación do río Anllóns empeora no tramo que vai desde a parte posterior do Pazo da Cultura ata as proximidades da ponte do Muíño do Quinto, en Carballo. Os restos do lixo espárcense pola entorna do cauce, debido ás choivas e á saída polos aliviadeiros de augas sen sanear, posto que a rede de saneamento é insuficiente para dar saída ao que vai á depuradora, ao unirse as fecais coas pluviais.

A rede de saneamento é claramente insuficiente e está a contaminar o río Anllóns cando non é capaz de dar saída a todas as augas que recolle. Por elo urxe dar unha saída a este problema. Non ten sentido o traballo da xente e do voluntariado que coida e limpa o río, se desde as Administracións se está a descoidar un problema fundamental como é a xestión das augas residuais.

Por tanto urxe sen demora acometer as obras de ampliación da depuradora e as redes de saneamento para que deixe de producirse a contaminación do río Anllóns ao seu paso por Carballo.

O Anllóns é o río de Galicia máis afectado pola contaminación derivada dos fallos nos sistemas de saneamento e depuración das augas residuais. A isto hai que engadirlle o escaso caudal que está a ter nos últimos anos, xa que é un dos ríos máis afectados polas secas estacionais que está a sofrer ultimamente Galicia e as verteduras por puríns, pesticidas, fertilizantes…etc, que se producen nas fincas colindantes co cauce derivadas de malas prácticas agrícolas. Por se isto fora pouco, hai que engadirlle as malas prácticas das empresas vencelladas á producción de electricidade coas limpezas agresivas dos cauces e a tala sen control do bosque de ribeira.

A saúde humana depende da saúde dos ecosistemas naturais, e en particular dos nosos ríos.

Polo exposto,

SOLICITAN Á CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO DA XUNTA DE GALICIA:

1.- Soluciónese sen demora o problema da depuradora de Carballo (A Coruña) e execútense as obras precisas na rede de saneamento e de pluviais para evitar a contaminación do río Anllóns ao seu paso por Carballo.

2.- Evítese a vertedura de puríns e o emprego de pesticidas e fertilizantes nas fincas colindantes ao cauce xa que por escorrentía acaban afectando ao río, problema que é común ao longo de todo o percorrido do cauce, pero cuxo risco increméntase no concello de Ponteceso.

3.- Evítense as limpezas drásticas e sen control con impactos significativos adversos no río Anllóns, por parte das empresas que controlan os saltos eléctricos.

4.- Realícese un maior control sobre o bosque de ribeira para evitar as talas indiscriminadas, incluidos os controis do bosque de ribeira dos seus afluentes, isto é o río Añón, Verdes e Lourido, posto que a saúde dos afluentes do río tamen é fundamental para o propio Anllóns.



Hoy: Josefa cuenta con tu ayuda

Josefa Garrido necesita tu ayuda con esta petición «Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio- Xunta de Galicia: Axuda a protexer o río Anllóns». Únete a Josefa y 239 personas que ya han firmado.