PETICIÓN DA RETIRADA DO PLAN DA AMPLIACIÓN DA AUTOVÍA AG59

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 1.500!


Dende a Plataforma StopAmpliaciónAG59 queremos frear a AMPLIACIÓN DA AUTOVÍA AG-59 entre os Concellos de Teo e A Estrada. 48 millóns de euros por 7,5 kilómetros e un aforro de 5 minutos respecto a estrada nacional actual paralela. A autovía pasa polo Río Ulla e arredores, por unha área ZEC (ZONA DE ESPECIAL CONSERVACIÓN) da Rede Natura 2000, protexida por normativas estatais e europeas, e a 600 metros de A Burga (LIC). A actuación inclúe 15 novas estruturas: viaduto do río Ulla de 40 metros e catro carrís, viaduto do río Vea, viaduto de Santa Lucía, 7 pasos inferiores, 3 pasos superiores e 2 muros. Esta construcción vai da mao de autovías para o cambio climático e a destrucción do hábitat e non promove a colectivización do transporte, nin segue parámetros de sostibilidade cos recursos actuais que se están esgotando por infraestructuras como esta en plena emerxencia climática.

Pedimos e esiximos á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia a retirada deste plan de ampliación da autovía AG59, dacordo aos obxectivos da axenda 2030 de desenvolvemento sostible (ODS) e facendo un chamado ao Ministerio de Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e as políticas ambientais da Unión Europea que non poden permitir nin aceptar o impacto socioambiental desta obra.

Debido ao estado actual de consulta pública do estudo do impacto ambiental ata o 4 de xaneiro de 2021, expomos os motivos fundamentados polos que rexeitamos esta infraestrutura tan dañina para a biodiversidade, o hábitat e a comunidade local: bit.ly/ComunicadoNONAG59_Galego

Pedimos máxima colaboración e difusión.
Para formar parte deste comunicado ou unirte a esta loita escribe a vocesdoulla@gmail.com antes do 2 de xaneiro de 2020.

Pola vida, por Galicia, polo Río Ulla, polas futuras xeracións!

 



Hoy: Voces cuenta con tu ayuda

Voces Ulla necesita tu ayuda con esta petición «Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia: PETICIÓN NON Á AMPLIACIÓN DA AUTOVÍA AG59». Únete a Voces y 1.460 personas que ya han firmado.