#VoltaSegura Xunta de Galicia: queremos saúde nas nosas escolas!

#VoltaSegura Xunta de Galicia: queremos saúde nas nosas escolas!

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 7.500!


O vindeiro curso 2020/2021 debe organizarse tendo en conta a crise da pandemia Covid-19. Non adoptar medidas que permitan adaptar o sistema público de ensino á nova situación significa recortar e limitar as posibilidades de educación do alumnado.

Como cidadáns non podemos aceptar que a Administración poña un velo sobre todos nós e nos obrigue a organizar un curso 2020-2021 como se nada acontecese nestes tres últimos meses e como se non estiveramos en risco dun novo agravamento da pandemia. Non podemos seguir cegos e mudos ante o total abandono de cada centro, como se isto for unha cuestión de xestión organizativa dunha escola e non dunha aposta decidida, clara e con planificación de quen ten a responsabilidade de levar adiante a política educativa no noso país: a Consellería de Educación.

Por todo o anterior, demandamos: 

1. A redución do número de alumnado por grupo e curso de forma que se poida garantir en todo momento a distancia mínima de seguridade de 1,5 metros entre persoas (proposta do Ministerio de Educación e de Sanidade) e de 1 m. entre mesas do alumnado (proposta da OMS).

2. A dotación do persoal docente e non docente e infraestruturas necesarias para garantir o obxectivo anterior.

3. A dotación de material suficiente para a realización das clases con total seguridade, proporcionando máis fondos ao centro para a adquisición de máscaras hixiénicas, equipos de protección individual, xeles hidroalcóholicos, así como dotación de equipos informáticos e outros recursos tanto para o persoal como para o alumnado e familias que o precisen.

4. Negociar coa comunidade educativa a implementación de medidas pedagóxicas e organizativas para unha óptima planificación do curso 2020/2021.

5. A posta en marcha inmediata das reformas tecnolóxicas necesarias para dar resposta correcta a unha nova situación de confinamento parcial ou total en casos de rebrotes da covid-19.