Os docentes reclamamos que a Consellería nos subministre máscaras FPP2

Os docentes reclamamos que a Consellería nos subministre máscaras FPP2

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 2500!
Con 2500 firmas, es más probable que esta petición sea publicada en los medios de comunicación locales
Bi Cao ha iniciado esta petición dirigida a conselleria de educacion

Os docentes reclamamos que nos doten de máscaras FPP2 para preservar a nosa seguridade e a do noso alumnado. É un EPI imprescindible como sinalan expertos científicos.

Distintos científicos, sobre todo aqueles que están a insistir na transmisión do coronavirus por aerosois (é dicir, os que indican que o virus non só contáxiase por superficies e polas  gotículas da saliva, senón polo aire que  exhalamos ao respirar, falar ou gritar), insisten en que cando alguén está a falar é cando se fai máis necesario levar a máscara en espazos interiores, sen importar que haxa unha distancia mínima. «Que os alumnos calados estean con máscara e o profesor falando sen ela é o mundo ao revés. Cando falamos expulsamos moitos máis aerosois. Por tanto, a persoa que fala sempre debería levar máscara, porque ademais hai exemplos de contaxio a máis de oito metros, a distancia mínima é moi variable, porque depende, sobre todo, da ventilación. Cando fala, o profesor debería levar unha máscara  FFP2, poñela moi ben axustada e non quitala en ningún momento, sen importar a que distancia estea», opina David Piñeiro, profesor agregado de Física en Cataluña.

“O profesor non pode quitarse a máscara para falar “ mantén o científico galego do CSIC Antonio Figueras, que indicou o seguinte: «Non, non e non! Máscara sempre en espazos interiores. É algo que está farta de dicir a ciencia. E, sobre todo, ten que levala a persoa que está a falar, porque é a que está a emitir máis aerosois. E non debemos ter medo a non entendernos, porque nos quirófanos están con máscaras, falan entre eles e enténdense perfectamente», indica. José Luis Jiménez, natural de Zaragoza, profesor de Química e Ciencias Ambientais da Universidade de Colorado e un referente á hora de falar de transmisión do coronavirus. Jiménez xa abordou en numerosas ocasións a necesidade de levar sempre máscara en espazos interiores e, en declaracións recentes  á Voz, indicou: «É unha fatalidade ver como os políticos nunha rolda de prensa quítanse a máscara para falar. O exemplo é nefasto porque o que máis necesita a máscara é o que fala», remachou.

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 2500!
Con 2500 firmas, es más probable que esta petición sea publicada en los medios de comunicación locales