NON PERMITAS QUE O GOBERNO GALEGO SUPRIMA A ÁREA SANITARIA DA MARIÑA

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 7.500!


A ÁREA DA MARIÑA NON SE ANIQUILA,A SANIDADE PÚBLICA DEFÉNDESE.

O goberno galego publica,sen previa información,o anteproxecto de lei polo que se modifica a lei 8/2008,do 10 de xullo de saúde de Galicia.Con secretismo,intereses escuros e sen consensuar,marca PP.

Pretenden a reorganización do mapa sanitario de Galiza,apostan por un modelo no que perden atención as comarcas,en favor das grandes cidades: A Mariña pasa a ser un DISTRITO da ÁREA do HULA.

Eliminan as Áreas Sanitarias de O Salnés, Monforte, Valdeorras e A Mariña: COIDANDO O RURAL.

Este texto reforza un sistema sanitario baseado nos grandes complexos hospitalarios.Afondan na concentración de servizos nas cidades, iniciada xa coa imposición das EOXI, sinaladas como un erro pola meirande parte d@s profesionais do sistema sanitario público,e tamén padecidas pol@s usuari@s coa perda progresiva de servizos nos hospitais comarcais.Con todo, diante de toda evidencia,o SERGAS tira para adiante sen aportar memoria económica ou de xestión que xustifique as EOXI nen que explique o decreto de supresión das Áreas.

Velaí os datos da EOXI e o futuro da Área do HULA:

- Perda continuada de profesionais en Atención Primaria e Hospitalaria.

- Carencias endémicas en servizos centrais

-Privatización de servizos como mantemento, electromedicina,limpeza,lavandería,seguridade,Suministros. En proxecto o de esterilizadión.

-Derivación masiva de doentes aos hospitais privados de Lugo.

-Inicio das obras de ampliación do Hospital da Costa, 31 anos de espera( e está sen rematar) para apenas un parking insuficiente e 10 camas máis: un novo FIOUCO no SERGAS.

A Plataforma Sanitaria de A Mariña defende a mobilización cidadá cos seguintes obxectivos:

1- Retirada do Anteproxecto de modificación da Lei 8/2008 de Saúde de Galicia

2-Desenvolver e dotar de orzamento a actual Lei de Saúde.

3-Desenvolver e dotar de recursos a Atención Primaria.

4-Dotar adecuadamente as novas instalacións do Hospital da Costa

POR UNHA SANIDADE PÚBLICA, EFICIENTE E PRÓXIMA AO SERVIZO D@S CIDADÁS e CIDADÁNS.

 

 

 

Plataforma Sanitaria da Mariña

 

 

 

 



Hoy: Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña cuenta con tu ayuda

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña necesita tu ayuda con esta petición «Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia: NON PERMITAS QUE O GOBERNO GALEGO SUPRIMA A ÁREA SANITARIA DA MARIÑA». Únete a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña y 5.275 personas que ya han firmado.