Petición cerrada

Solución para as aves de Compostela

Esta petición ha conseguido 624 firmas


Na cidade de Santiago de Compostela atópanse dous puntos (o estanque do Auditorio, e o da Alameda) onde no seu momento o goberno do PP soltou aves como parrulos e ocas, que foron deixadas alí sen ningún tipo de control, nin veterinario nin de ningún tipo, abandonadas á súa sorte.

Durante os últimos anos estas aves malviviron, sobreviviron como puideron, e pasaron por situacións de roubo, acoso e maltrato, e por pelexas territoriais e enfermidades, que en moitos casos se levaron por diante a vida de varios individuos, na súa maioría parrulos pequeniños.

Co cambio do goberno municipal, prometeuse actuar sobre esta situación, para buscarlles unha solución a estes animais. Falouse de casas de acollida, falouse de cedelas ao santuario Vacaloura... Nalgún caso así foi, e Vacaloura rescatou a Anabel e es filles, a Blanca, Clara, Nilo e Amazonas e máis recentemente a Pauliña coa súa pequecha.

Mais alén diso, non se fixo outra cousa. Aquelas aves seguen estando abandonadas sen ningún tipo de control, nin son desparasitadas, nin visitadas por veterinaries, nin ninguén se preocupa por que vivan nunhas mínimas condicións de dignidade e benestar. Tanto é así que nin sequera se lles proporciona unha alimentación adecuada. Nin antes, nin agora.

Por este motivo, desde o Santuario Vacaloura promovemos esta recollida de sinaturas, para exixirlle ao goberno local de Compostela Aberta que dunha vez por todas tome as medidas oportunas para que as aves situadas nos estanques do Auditorio e a Alameda sexan atendidas debidamente e recolocadas nun lugar seguro.

#SoluciónAvesCompostela



Hoy: Vacaloura cuenta con tu ayuda

Vacaloura Santuario Animal necesita tu ayuda con esta petición «Concello de Santiago de Compostela: Solución para as aves de Compostela». Únete a Vacaloura y 623 personas que ya han firmado.