Mellora do acceso á Escola Infantil de Meixonfrío - Salgueiriños

Mellora do acceso á Escola Infantil de Meixonfrío - Salgueiriños

Creada
5 de octubre de 2020
Firmas: 273Próximo objetivo: 500
Apoyar ahora

Por qué es importante esta petición

Debido á situación xerada pola COVID-19, non é posible acceder á escola para poder entregar aos nosos fillos e fillas. Isto obríganos a facer longas colas en horas punta de entrada e saída, posto que non é viable recoller a máis de un neno/a cada vez. 

A falta de unha cuberta na rampa de acceso á entrada da escola fai que dita espera, que se pode alongar en máis de 10 minutos, se teña que facer á intemperie, independentemente das inclemencias meteorolóxicas, que en Galicia soen ser moi habituais. 

Por este motivo, cremos que é imprescindible que se acometan as obras pertinentes para cubrir dito acceso e facer máis confortable a espera.

Asimesmo cremos que se deben mellorar as beirarrúas e crear rampas nos arredores da escola, posto que a altura das mesmas dificulta o uso dos pasos de peóns para cruzar.

Apoyar ahora
Firmas: 273Próximo objetivo: 500
Apoyar ahora