IMELGA SI, pero non AQUÍ

IMELGA SI, pero non AQUÍ
Por qué es importante esta petición

Recentemente o Concello de Santiago ofreceu á Xunta unha parcela no parque Begoña Caamaño das Fontiñas para a construción da nova sede do Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA). Trala oposición da veciñanza, a ubicación foi desbotada (entre outras cousas por ocupar un espazo verde de grande valor no barrio). En substitución desta, o Concello propón construíla entre as rúas Londres, Riga e Vieiro, anexa a varios edificios de vivendas. Esta proposta realízase sen transparencia nin diálogo coa veciñanza. O Alcalde, Sr Sánchez Bugallo, afirmou en medios públicos que non se realizarán autopsias no lugar. Mais a Xunta de Galicia afirma que se dotará de sás para o manexo de mostras e cadáveres de elevado risco biolóxico que requeren un tratamento especial (BSL 3). Esta infraestrutura estaría situada nun barrio onde vivimos dezasetemil persoas e ao carón do Instituto, o CEIP, a Escola Infantil e o mercado ambulante semanal dos sábados.
En base á seguridade, salubridade e benestar das persoas que habitamos nesta contorna sería aconsellable non só dispor da información e transparencia recomendables, senón valorar a ubicación nun lugar menos residencial e concorrido, onde interferise o menos posible coa vida das persoas.
Destinatarios de la petición
- Concello de Santiago de Compostela
- Xosé A. Sánchez BugalloAlcalde do Concello de Santiago de Compostela
- Dirección Xeral de Xustiza
- Juan José Martín Álvarez
- Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza