Petición cerrada

Concello de Santiago de Compostela: habiliten parcela abandoada en Sar para parque canino.

Esta petición ha conseguido 21 firmas


Cada vez son máis as cidades e vilas que contan con espazos onde cans e humanos poden convivir, desfrutar e relacionarse máis alá das prohibicións. Santiago, que conta por primeira vez cunha Concellaría de Benestar Animal e como cidade en transición que é, debe dar resposta ás peticións da veciñanza neste senso, xa que desde o arranxo das Brañas de Sar como paseo de lecer, a veciñanza do barrio cada vez temos máis mermadas as nosas posibilidades para a solta de cans e en moitas ocasións estanse a dar situacións de incomodidade e conflicto.

O barrio conta cunha parcela completamente abandoada (antes leiraparking e basureiro para restos de obras municipais), ubicada a carón da calzada romana e para a que xa se plantexou -tanto durante a campaña electoral previa ás eleccións municipais como despois, sempre sen éxito- darlle uso, e que na práctica xa se está empregando para a solta de cans, pese a non reunir unhas condicións de seguridade e salubridade mínimas.

Por iso, como veciña do barrio, solicito ao concello que habilite e equipe a parcela abandonada sita en Cruceiro de Sar como parque canino onde se permita a solta de cans.

Graciñas pola vosa participación.

 



Hoy: Eva cuenta con tu ayuda

Eva Barbero necesita tu ayuda con esta petición «Concello de Santiago de Compostela: habiliten parcela abandoada en Sar para parque canino.». Únete a Eva y 20 personas que ya han firmado.