A cidade de Ourense di #BASTAXA

A cidade de Ourense di #BASTAXA

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 500!
Con 500 firmas, es más probable que esta petición aparezca entre las peticiones recomendadas
#BASTAXA | Ourense ha iniciado esta petición dirigida a Concello de Ourense

Levamos demasiado tempo escoitando a mesma leria.

Que as cousas son como son, que hai que conformarse, que nada vai cambiar, que pelexar é tempo perdido… É normal que esteas farta. Ou farto. Pero quero que entendas que non podemos rendernos. Basta xa de contos. Basta xa de escusas. Basta xa de vetos. Basta xa de enganos. Basta xa.

Queremos unha cidade onde os nosos mozos e mozas non emigren. Onde os nosos nenos e nenas poidan medrar. Unha cidade na que as persoas maiores non sexan un estorbo, senón un tesouro. Na que non haxa eles e nós, nin xente durmindo na rúa.

Queremos unha cidade sen alfinetes, sen maltrato animal. Unha cidade na que a luz da cultura non poida apagala ninguén. Un Ourense no que o comercio local volva florecer.

Unha cidade na que as persoas camiñen. Sen medo. Sen fume. Queremos unha cidade sen insultos, chantaxes nin mentiras, onde o valor da palabra importe.

Queremos unha cidade con memoria, que empodere ás mulleres e dea voz aos que non a teñen. Queremos estradas dignas. Ser a porta de entrada á alta velocidade. Un plan termal que non faga augas.

Queremos recobrar a ilusión. Sentirnos representados. Imos demostrarlles que cando queremos, podemos. Se todo isto resoa en ti, se ti tamén levas Ourense dentro, entra en www.bastaxa.com e asina o manifesto da ilusión.

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 500!
Con 500 firmas, es más probable que esta petición aparezca entre las peticiones recomendadas