Petition Closed
Petitioning Ayuntamiento de Ferrol

Concello de Ferrol: Pola mellora do transporte público na cidade

43
Supporters

O servizo de transporte público na cidade de Ferrol e máis concretamente o servizo de autobuses urbanos, na actualidade, é moi deficiente tanto na zona urbana como na zona rural onde nos atopamos con frecuencias de paso ridículas.

 

É por iso que consideramos preciso a posta en marcha dun servizo de transporte público para que preste un adecuado servizo, en horarios e frecuencias e que cubra as necesidades sociais do concello tanto da súa zona urbana como da zona rural do noso concello.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



Letter to
Ayuntamiento de Ferrol
O servizo de transporte público na cidade de Ferrol e máis concretamente o servizo de autobuses urbanos, na actualidade, é moi deficiente tanto na zona urbana como na zona rural onde nos atopamos con frecuencias de paso ridículas.

Levamos anos asistindo a unha merma significativa nos servizos que prestan as dúas empresas que teñen a concesión de explotación das liñas que discorren polo noso concello. Ademais a isto hai que engadirlle a proposta feita pola empresa “Tranvías del Ferrol”, concesionaria da rede de autobuses que discorren pola zona urbana do noso concello de reducir drásticamente o número de servizos que prestan as liñas que ten concesionadas.

Cremos firmemente que o Concello de Ferrol debería demandar da Xunta de Galiza a adecuación do servizo ás necesidades do concello co fin de dar cumprimento ao seu Plan de Mobilidade e esixir da Xunta a prestación dun servizo de transporte público axeitado ás necesidades económicas e sociais da cidade ou recuperar a concesión para xestionar este servizo adecuando ás necesidades da cidade, solicitando da Xunta o financiamento para poder desenvolvelo.

É por iso que demandamos:

1- Que o Concello de Ferrol manifeste o seu rexeitamento à proposta de supresión de servizos de autobús, solicitada pola empresa “Tranvías del Ferrol” e inste á Xunta de Galiza a rexeitar, a mesma, así como ao cumprimento dos acordos vinculados ao Plan de Transporte Metropolitano.

2- Instamos ao Goberno Local a por en marcha ou redefinir o servizo de transporte público para que preste un adecuado servizo, en horarios e frecuencias e que cubra as necesidades sociais do concello tanto da súa zona urbana como da rural e, de ser preciso. solicitar da Xunta de Galiza a titularidade da concesión para a prestación deste servizo por parte da administración local co financiamento adecuado para o mesmo.