Rexeitamos a actuación Machistosa de "El Sevilla" en Cee e por extensión en toda a Galiza!

Rexeitamos a actuación Machistosa de "El Sevilla" en Cee e por extensión en toda a Galiza!

55 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 100!
Creada
Dirigida a
Concello de Cee

Por qué es importante esta petición

Iniciada por Sole M. Vásquez

O Concello de Cee (Galiza) ofrece na súa programación de actuacións un monólogo de "El Sevilla", membro do grupo Mojinos Escozios ("Si nos enseñais las tetas, tocamos una canción más"), que percorreu a Península nos 90/2000 con actuacións retrógradas, rancias, de violencia explícita nese humor "maChiste" que difunde a máis caduca misoxínia. Chistes e rimas facilonas, que atopamos nas entrevistas, nas letras das cancións, nos monólogos, onde reproduce os roles de xénero que, dende o feminismo, levamos tantos anos para abolir; un soliloquio que xá na presentación, da páxina do Concello, cúbrese de gloría:

https://www.facebook.com/concellocee/videos/1097336404414393

Un Concello que organiza, a través do CIM, actividades para o fomento da Igualdade, que fai campañas contra a violencia ás mulleres, que oferta obradoiros de sensibilización e información contra a violencia machista; non pode nin debe ceder un "Espazo Cultural Público" para promover a violencia verbal, porque os chistes que agreden, ridiculizan, avergoñan e expoñen ás mulleres nos roles impostos polo patriarcado...SON VIOLENCIA MACHISTA!!

Ante este dilema ético, véxome na obriga de denunciar e pedir a cancelación de calquera acto que atente contra os nosos dereitos coma mulleres, veña de onde veña. É polo que agradezo que apoiedes e compartades esta petición, para dar visibilidade a este tipo de "comedias" dun machismo encuberto, e que tanto dano estános a facer

Non só se van a difundir as machistadas en Cee, hai unha xira programada por  Galicia, nos Concellos de A Estrada e Cangas do Morrazo; Concellos e Consellerías de Igualdade que expoñen nas xanelas dos seus despachos e Casas de Cultura carteis onde reza:

"Espazo Libre de Violencias Machistas"

Obrigada a todAs!!

55 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 100!