Fibra Optica en Concello de Baiona

Fibra Optica en Concello de Baiona

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 100!
Con 100 firmas, es más probable que esta petición aparezca entre las peticiones recomendadas
Jose Fernández ha iniciado esta petición dirigida a Concello de Baiona y

 No século XXI ​necesitamos comunicacións acordes cos tempos que vivimos​,
que nos poñan de cheo nas novas tecnoloxías e deixemos de estar illados no que a
redes de internet nas nosas casas e empresas se refire.
A instalación da fibra óptica:
Nas parroquias:​ é factible, xa que dispón dos permisos administrativos necesarios,
o seu custo é moi inferior ao habitual, (que require realizar moitas obras) e tamén
moito máis rápido na súa instalación.
No casco vello​: xa hai outros concellos co visto bo de Patrimonio (como Santiago)
que xa dispón dela.
No resto dos barrios: ​ Nas casas e pisos que ainda que teñen parte da acometida
feita próxima ás súas viviendas, o operador que a instalou non lles da acceso, e é
ahi, onde as distintas administracións deben esixir ás empresas se conclúan os
traballos para dar acceso ao servizo de banda longa canto antes.
A instalación da Fibra óptica sería un ​gran pulo para o noso concello​, permitindo
o acceso á veciñanza; ás clases non presenciais nos colexios, institutos e
universidades e dando a oportunidade de teletraballar a moitas e moitos de nos,
mellorando (nos tempos que vivimos coa pandemia da Covid19) un entorno laboral
saudable e permitindo tamén a conciliación familiar.
As empresas e autónom@s, poderian traballar tamén dunha forma máis efectiva e
segura, ofrecendo servizos de maior calidade aos seus clientes e mellorando a
opción da venda Online. ​Sería un gran empuxe para o comercio e hostalaría
local.
Por todo o exposto, solicito ao Concello de Baiona e a Xunta de Galicia, fagan todo
o posible para reclamar á empresa encargada
(e subvencionada polo estado) de instalar o cableado e rematar a acometida onde
ainda non se fixo, cumprindo así co acordo asinado no marco do Plan de banda
longa da Xunta.

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 100!
Con 100 firmas, es más probable que esta petición aparezca entre las peticiones recomendadas