Menos cemento e máis Regueiro!!

Menos cemento e máis Regueiro!!

Creada
1 de octubre de 2019
Dirigida a
Concello de A Illa de Arousa
Firmas: 434Próximo objetivo: 500
Apoyar ahora

Por qué es importante esta petición

Despois de ver a última reforma das Laxes, onde se ve un uso excesivo do formigón e á vista do "Proyecto de mejora y adecuación del transito en la Plaza de O Regueiro" exposto recentemente dentro do PMUS, no que se observan a través de un plano da actuación prevista e do presuposto da mesma os seguintes puntos:

-Mellora da accesibilidade do entorno do Regueiro.
-Unhas zonas axardinadas no perímetro da plaza.
-A eliminación da zona de aparcamento existente.
-Reubicación do parque infantil.

E os puntos polos que escribo esta recollida de firmas:
-A eliminación da zona arbolada existente.
-Ningunha previsión específica do axardinamento previsto (dado que no presuposto non aparece detallada esta partida)
-Unha pavimentación con formigón da case totalidade da parte central da plaza, sen ningún tipo de previsión de arbolado/elementos de sombreado. 

Pedimos o teu apoio para que o Concello de A Illa de Arousa se comprometa a plantexar un deseño da praza que teña en conta ademáis de unha adecuación como "campo da festa", elementos que poidan facer agradable o uso durante todo o ano da mesma por parte dos veciños como son as zonas arboladas, e que se valore se é necesario que 2500 metros cadrados de explanada hipotequen o uso diario de unha praza de 7 mil metros cadrados.


 

Apoyar ahora
Firmas: 434Próximo objetivo: 500
Apoyar ahora

Destinatarios de la petición

  • Concello de A Illa de Arousa