Si á intermodal en San Diego!!

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 100!


Consideramos que se debe cancelar o plan da intermodal en San Cristóbal polos seguintes motivos: 

- REFORMAS: A estación de autobuses da Coruña foi reformada fai pouco tempo, o traslado planificado é precipitado e supón un gasto innecesario para as arcas públicas. 

- PROXIMIDADE: As estacións de autobuses e de tren están próximas e existe unha pasarela (que necesita reforma) que conectan ambas, ademáis do bus urbano da líña 14.

- SITUACIÓN: A situación de San Cristóbal non é boa, o que dificulta as saídas e entradas dos autobuses, empeorando o tráfico nunha zona sensible como é a Rolda de Outeiro e dificultando o cumprimento dos horarios dos autobuses. Queda ademáis, bastante lonxe do centro da cidade.

- ESPAZO: O espazo que se prevé é insuficiente; unha nova estación de autobuses debe ser ampla e debe contar con servizos que teñan en conta perspectivas de futuro. Parece que se intenta acoplar como se pode sen atender ás demandas reais. Necesítase tamén amplas paradas de autobuses urbanos no exterior, que tampouco se poderá dar pola falta de espazo.

Por outro lado, non se ten en conta a eficiencia e aforro enerxético. Grandes partes soterradas e sen acceso a luz natural. Destaca sobre todo a parte soterrada dos andenes para autobuses, que necesitará ademáis dun sistema de ventilación para evitar a contaminación interior. Tampouco se ten en conta a posibilidade de autoabastecemento mediante a posibilidade, por exemplo de instalar paneis solares, que cubran, polo menos en parte as necesidades eléctricas da estación.

Todo isto non quere dicir que non se apoie a realización dunha intermodal, pero baixo un marco moito máis atractivo, planificando unha obra que abarque tódalas necesidades dos usuarios en materia de transporte. Tampouco se aposta polo peche da actual estación de San Cristóbal.

O FUTURO PROMETEDOR: Ante a liberalización dos espazos en San Diego nos próximos anos, polo traslado das actividades portuarias ó porto exterior, o futuro sinala a San Diego como lugar idóneo.

San Diego ofrece:

- proximidade ó centro da cidade.

- espazo suficiente para todo o que require a intermodal e os servizos complementarios.

- facilidade de acceso dos buses urbanos a outros barrios.

- facilidade de acceso dos autobuses interurbanos pola estrada de acceso ó porto que quedará liberada de camións. Esta estrada permite saír pola Avenida da Pasaxe ou usar o túnel de Eirís para desviarse pola Vedra e outra vías principais de acceso.

Os servizos que require unha infraestructura deste tipo só poden ser asumidos nun emprazamento estratéxico, que garanten os beneficios que coruñeses e visitantes esperan dela.

Por todo isto, cremos que hai motivos máis que suficientes para demorar o traslado da estación de autobuses ata que se poida levar á zona de San Diego. Polo que pedimos que den marcha atrás ao proxecto de intermodal na actual estación de San Cristóbal.

Engado novas de apoio á intermodal de San Diego:

O BNG no 2008 xa tíña claro que a mellor elección era esta: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2008/02/08/bng-discrepa-losada-exige-estacion-intermodal-san-diego/0003_6550388.htm

A Asociación de veciños Oza- A Gaiteira - Os Castros tamén o ten claro: http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2017/03/05/san-diego-e-o-sitio/1158698.html

Mentres aqui explican algúns detalles do proxecto de San Cristóbal: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2016/02/02/estacion-intermodal-tendra-37-darsenas-autobuses/0003_201602H2C1995.htm 37 dársenas: 7 en superficie e 30 soterradas?!?!?! Que chapuza é esta?

Moitas grazas.



Hoy: Victor cuenta con tu ayuda

Victor H.V. necesita tu ayuda con esta petición «Concello da Coruña: A estación de autobuses non se toca (de momento)!». Únete a Victor y 22 personas que ya han firmado.