Non máis acumulación de cobros de recibos dos servizos de conciliación do Concello de Ames

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 500!

anpas de ames
anpas de ames ha firmado esta petición

As Anpas do Concello de Ames ante a situación repititiva e sangrante polos cobros acumulados dos recibos que, dende o concello envían con retraso de ata 5 meses, correspondentes ós
servizos complementarios e comedores que se efectuarán ao longo dos meses de
novembro e decembro, tal e como se indica na circular remitida o 14 de novembro
dende o departamento de Educación, e que afecta dun xeito perturbador ás economías
familiares, cremos inxustificado que o concello, e en concreto a Concellaría de
Educación, desoiga as nosas peticións formuladas hai máis dun ano, apoiadas incluso co
requirimento á institución municipal de informes pertinentes por parte do Valedor do
Pobo.
Asemade consideramos que o número de usuarios, programas e servizos non explica o
atraso na execución dos recibos. Entendemos que o devandito volume non pode ser
nunca excusa para tales demoras nunha admnistración local, neste caso o Concello de
Ames, que debe contar con recursos suficientes para unha xestión puntual e eficaz.
Polo que, SOLICITAMOS
Que se lles informe ás familias do importe correspondente para poder verificar se poden
facer fronte a tales contías conxuntas.
Que se lles dea opcións e facilidades, con fraccionamentos e aprazamentos dos
devanditos pagos. Asemade proporcionarlles unha vía fácil e sinxela, telefónica ou
telemática, sen necesidade de trámite presencial.
Que se tomen as medidas oportunas para a resolución definitiva desta problemática.