Petición cerrada

Máis proxeccións en versión orixinal subtitulada

Esta petición ha conseguido 120 firmas


Polo aumento das proxeccións en versión orixinal nos Cantones Cines

Dende o outono de 2014 os cinéfilos da Coruña temos oportunidade de disfrutar de cinema en versión orixinal subtitulada de maneira sistemática no complexo de salas comerciais “Cantones Cines”. A VOS é a opción preferida por moitos espectadores e nesta cidade hai un público sobradamente habituado como demostra a regular asistencia ao CGAI, Filmoteca de Galicia, e as dúas salas do Fórum Metropolitano, durante as últimas dúas décadas. A feliz noticia da chegada da VOS viuse parcialmente apagada ao constatarmos que cada semana só habería un único filme proxectado nesas condicións e en horario extremadamente reducido, apenas catro sesións de luns a xoves.

Fronte ás dificultades doutros tempos para a exhibición da VOS -o custo do acceso a copias en 35mm e a súa dubidosa amortización- na actualidade, unha vez xeralizada a exhibición dixital (DCP) non hai -ou non debería haber- complicacións técnicas para ampliar, sen límite, o número de filmes exhibidos na súa lingua orixinal. Idealmente para todos os títulos, mais polo menos para algúns, en plural, debería ser factíbel reservar ocos para a proxección en VOS, incluso en fin de semana. Non pedimos sacrificios económicos ás salas, mais si entendemos que existe un público disposto a ver filmes nestas condicións e sabemos que hai franxas horarias de escasa, por non dicir nula, ocupación. Hai, pois, marxe suficiente para ampliar a oferta en VOS cada semana tanto en opcións horarias como, sobre todo, en variedade de títulos, que até o momento e de forma clamorosa se limitou ao cinema estadounidense comercial. Hai ducias de filmes que non chegan ás salas da cidade que, con certeza, poderían ter un público fiel especificamente en VOS. Filmes que en moitos casos xa chegan hoxe con normalidade en VOS a Vigo ou Santiago e non, infelizmente, á nosa cidade, A Coruña.



Hoy: Fernando cuenta con tu ayuda

Fernando Sánchez necesita tu ayuda con esta petición «Cantones Cines: Máis proxeccións en versión orixinal subtitulada». Únete a Fernando y 119 personas que ya han firmado.