Cambio de nombre por: Pabellón Helena Mariño

Cambio de nombre por: Pabellón Helena Mariño
Por qué es importante esta petición

Solicitamos que, ao igual que futbol si pode ter o nome de futbolistas vilagarciáns e vilagarciás que chegaron a élite do deporte, se faga o mesmo co baloncesto. Non queremos discriminación.
Por iso, e a título póstumo, solicitamos o cambio de nome do pavillón da rúa Castelao en Vilagarcía por Pavillón Helena Mariño.
Próximo a cumprirse os 2 anos do pasamento de Helena Mariño, desde o CB Vilagarcía queremos continuar coas homenaxes á que foi a nosa coordinadora e adestradora desde os nosos comezos e a que consideramos que foi unha das personas máis importantes no mundo do baloncesto da nosa cidade das últimas décadas.
É por iso que, recentemente, presentamos unha solicitude formal ao Concello de Vilagarcía de Arousa para pedirlle que o pavillón Municipal de Castelao, pase a chamarse Helena Mariño.
Entendemos que este recoñecemento non fará mais que dar xustiza a súa labor por e para os Vilagarciáns que se sentirán orgullosos e orgullosas de ver o seu nome coma guía a seguir nun lugar tan emblemático para o baloncesto coma este onde tantas horas pasou formando ás novas xeracións.
Xogadora de canteira vilagarciá. Desde categorías inferiores no Cortegada ata participar no primeiro ascenso á máxima división nacional mantivéndose durante anos na elite do basket feminino formando parte dun grupo de xogadoras “da casa” que despertou o cariño de toda a cidade.
Pioneira, formándose como Adestradora na primeira promoción que se impartiu no noso Concello dunha titulación Única en Galiza. Adestradora de múltiples equipos cos que acadou varias Finais Galegas. Delegada Federativa na Delegación Arousana de Baloncesto, dirixindo e velando polos intereses da comarca.Coordinadora técnica de equipos que sobresaen deportivamente e que deixou pegada no seu clube e no resto de clubes da vila cos que se relacionaba e polos que loitaba na millora contínua e exemplo de esforzo e superación na vida.
Pensamos que sobran os motivos para que o lugar onde tantas e tantas horas pasou traballando coa canteira leve o seu nome. É por isto que queremos convidar ao resto de clubes da nosa cidade a apoiar esta solicitude co firme desexo de seguir honrando a súa memoria.