Petition Closed
Petitioning Ayuntamiento de Vigo and 1 other
This petition will be delivered to:
Ayuntamiento de Vigo
Concelleira de Cultura, Festas e Políticas de benestar
Abelairas

a obra pictórica de Maside debe permanecer na pinacoteca municipal

Porque, sendo Carlos Maside unha figura fundamental do movemento de renovación da arte galega no século XX, constitúe un privilexio para a cidade de Vigo dispor dunha colección de pinturas representativa da súa traxectoria, que é exemplo de rigor artístico e intelectual canto ao compromiso coa sociedade galega e o momento histórico no que se desenvolve. Ten, polo tanto, engadido ao valor estritamente artístico, o de servir de eixo para interpretación e a análise dos procesos culturais ocorridos en Galiza durante a primeira metade do século XX , en paralelo ao devir sociocultural europeo na época de entreguerras.
As autoridades municipais non deben escatimar esforzos en negociar a conservación para a cidade desta parte tan importante dos fondos da pinacoteca, mesmo despois da sentenza xudicial que o obriga a devolver a obra aos herdeiros do pintor. É a súa obriga dedicar recursos económicos, en cantidade razoable para as dúas partes implicadas –erario público e propietarios lexítimos-, á adquisición da colección da que ata agora, e dende hai 40 anos, dispuxo de modo gratuito e sen dedicarlle a debida atención canto a divulgación e posta en valor para as sucesivas xeracións de público galego.
Manifestamos a nosa adhesión ao comunicado emitido pola familia Maside e esixímoslle ao Concello de Vigo que cumpra co seu deber para cos intereses públicos, poñendo os medios axeitados para lograr que os 21 cadros do insigne pintor permanezan na pinacoteca municipal e reciban no futuro o tratamento que se lles debe como importante patrimonio cultural da cidade e de Galiza.

Letter to
Ayuntamiento de Vigo
Concelleira de Cultura, Festas e Políticas de benestar Abelairas