Firma contra a demolición do cargadoiro de mineral de Rande (Redondela) (Asociación ARPE)

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 500!


Creamos a ARPE (Asociación Rande Patrimonio Europeo) como motor impulsor da iniciativa de declaración do Estreito de Rande e os seus terreos lindeiros como “Selo de Patrimonio Europeo”, o máximo galardón ao patrimonio cultural europeo, co obxecto de fomentar a identidade e a historia europea comúns baseado no patrimonio de Europa.
O programa “Selo de Patrimonio Europeo” concibiuse como un medio de promover e preservar os bens culturais que desempeñan unha función esencial á hora de comprender a memoria e a historia europea.
Na web da asociación ARPE está toda a información acerca do patrimonio cultural proposto para o Selo de Patrimonio Europeo.
O cargadoiro mineral Cotto Wagner é a última das grandes infraestruturas construídas en Rande, un gran cargadoiro de ferro con cintas transportadoras, construído entre 1960 e 1965 e pechado nos anos 70 coa crise enerxética mundial.
O 27 de setembro de 2019 o Consello do Porto de Vigo aprobou a demolición do cargadoiro mineral, patrimonio cultural industrial do Estreito de Rande.
Dende ARPE pedimos o apoio da cidadanía para impedir a súa demolición e realizar propostas de conservación e posta en valor do cargadoiro, como parte integrante do conxunto patrimonial histórico de todo o Estreito de Rande.