Firma contra a demolición do cargadoiro de mineral de Rande (Redondela) (Asociación ARPE)

A zona do cargadoiro é fundamental para ter un sendeiro peonil que conecte Vigo e Redondela pola costa.
A demolición do mesmo abriría a porta a uns usos portuarios non compatibles coa Ensenada de San Simón, a única zona da ría de Vigo protexida pola Rede Natura.
A recuperación do cargadoiro para usos dotacionais sería un elemento de atracción turística, xa que podería ter unha zona de exposicións, un centro de interpretación da Ensenada, un restaurante con impactantes vistas á ría e unha zona de concertos. (O festival Sin Sal da illa de San Simon é un exemplo de que cada vez é necesario ofertar cousas diferentes para atraer a un turismo de calidade).
O cargadoiro forma parte dun conxunto de elementos que forman parte do noso patrimonio histórico e natural: Museo de MeiRande, Castelo de Rande, praias e bosques de ribeira de Rande (catalogados pola súa importancia xeolóxica). Incluso o río cabras conecta esta zona litoral coa Senda da Auga, atravesando varios muiños.
Todos estos elementos interconectados entre sí por sendeiros formarían un conxunto que faría da zona un potente foco de atracción e de desenvolvementos sostibles.

alvaro diego fuentes, Redondela, Spain
1 year ago
Shared on Facebook
Tweet