Por un Río Grande sen contaminación de xurro nin lixiviación de silos

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 500!


ALERTA VECIÑAL POLA POSIBLE CONTAMINACIÓN DAS AUGAS DO RÍO GRANDE A CAUSA DUN PROXECTO DE GRANXA DE VACÚN DENTRO DO SISTEMA FLUVIAL

Preocupa, pola afectación de fauna, flora, patrimonio, paisaxe e veciñxs. O val que comparten as aldeas de Aprazadoiro (Laxe) e Señoráns (Vimianzo) quedaría totalmente afectado por contaminación visual, emisións sonoras, cheiros e partículas debido á grande dimensión do proxecto e os datos que constan no informe de Avaliación do Impacto Ambiental (AIA), en trámite de aprobación pola Xunta de Galicia.

Preocupación principal:

1. Unha fosa séptica ubicada a menos de 50m do río Gundar, afluente do río Grande, que podería abranguer uns 10 millóns de metros cúbicos de xurro.

2. Lixiviación de silos que pode acabar contaminando o solo e o propio cauce do río.

3. As remocións de terra por medios mecánicos, e sen control das Administracións competentes, pese a seren advertidas da problemática ambiental, perxudican e afectan aos mananciais existentes na área de actuación.

- Ademáis:

1. Preocupa que no Informe de Avaliación de Impacto Ambiental conste a construción dunha nave dentro da liña de afectación de mámoas.

2. Ignórase a proximidade da explotación do conxunto dos Batáns e Muíños de Mosquetín.

3. Minimízase a importancia das dúas aldeas que circundan un val con alto valor etnográfico.

EXISTEN CAPTACIÓNS DE AUGA PARA O ABASTECEMENTO DAS POBOACIÓNS, SOBRE TODO NO MUNICIPIO DE LAXE

Para atender a estabulación de 617 vacas de leite precísase: unha FINCA de 66.348 metros cadrados; unha NAVE de 10.383,41 metros cadrados, unha FOSA DE XURROS de 9.930,4 metros cúbicos a menos 100 metros do regato de Gundar, na esquina SE, na ladeira en pendente que baixa cara o río Grande, e cinco SILOS con capacidade total de 4.499,25 metros cadrados. Un total de superficie afectada de 26.864,82 metros cadrados e unha producción de residuos de 16.844 TM por ano.

As granxas intensivas empregan sistemas de limpeza nos que se utiliza a auga a presión para o arrastre das dexeccións. Este sistema, que nun primeiro momento facilita considerablemente o manexo dos excrementos e achega melloras nas condicións hixiénicas e sanitarias das granxas, ten, pola contra, a enorme desvantaxe do gran incremento do consumo de auga e da complicación do manexo do xurro. O xurro é o esterco licuado, pastoso ou semilíquido, con forte cheiro amoniacal, resultado da mestura das defecacións, augas de lavado e restos de pensos. A excesiva achega de esterco provoca que os nitratos, se vaian filtrando e terminen contaminando acuíferos e augas superficiais.

Estas macrogranxas de vacún sen control expoñen aos lindeiros, entre eles os seus veciños, aos efectos perniciosos dos xurros, desde os malos cheiros e irritacións producidas pola urea ata a exposición ás nitrosaminas (potencialmente canceríxenas), pasando pola exposición a axentes patóxenos coma Salmonella, Brúcela, Mycobacteriumtuberculosos, Leptospira, Yeersinia, Cambylobacter, Erypsipelothris, Listeria e Treponema entre outros.

A OMS advirte do perigo de consumir auga que conteña máis de 25 miligramos de nitratos por litro. A UE non permite o consumo daquelas augas cuxa concentración de nitratos supere os 50 � g/l, un nivel que se supera con fartura en moitos acuñiferos españois e acaba afectando seriamente a saúde da poboación próxima. 

As augas afectadas por exceso de nitratos deixan de ser potables, xa que os nitratos poden pasar a formar nitrocompuestos (NON2X) e grandes cantidades de refugallos de ácidos, que acaban contaminando os chans e a auga de consumo, converténdose nun grave problema de saúde pública que deriva en enfermidades concorrentes nos núcleos urbanos abastecidos por estas augas.

Na contorna de localización da explotación gandeira atópase codificado como masa de auga o RIO GRANDE (cod masa É.014. NR.163.000.02.00) e dentro da capa Rede fluvial o REGO DE GUNDAR (cod río ph 163012). A parte oeste da parcela 408 do polígono 9 limita fisicamente co Regacho de Gundar, o que sitúa parte da parcela dentro das zonas de servidume e dos 100m da zona de policía.

ZONAS PROTEXIDAS
Na contorna do ámbito de actuación atópase a seguinte zona protexida incluída no Catálogo de Zonas Protexidas do Plan Hidrolóxico Galicia Costa (PHGC) denominada: PHGC2015-2021 Z. Protex. PHGC - Tramo de interese de especies ameazada: Grande (EUZPROTCOD ES014 TIEX000000007).

ZONAS INUNDABLES
As parcelas nas que se pretende implantar a actividade atópanse lindeiras á Zona de Fluxo Preferente e da Zona Inundable.
Por tanto, as parcelas onde se proxectan as obras da granxa son susceptibles de verse afectadas polo risco de inundacións e están a unha distancia aproximada de 100 metros, polo que se incrementaría tamén o risco de contaminación das augas.

ESPECIES EN PERIGO DE EXTINCIÓN
O proxecto atópase dentro do ámbito de aplicación do Plan de Recuperación da subespecie lusitánica do escribano palustre (Emberiza schoeniclus L. subsp.Lusitánica Steinbacher). Debido ao declive poboacional e ao reducido tamaño da poboación actual dita subespecie aparece recollida no Anexo I do Decreto 88/2007 na categoría “en perigo de extinción”.

PETICIÓN

Dado que o proxecto afecta á fauna e flora do río e toda a rexión lindante, ademáis de perxudicar notablemente á paisaxe e a outros elementos patrimoniais da súa competencia, pedimos que realicen as xestións oportunas coa máxima cautela á hora de emitir os informes que correspondan e seguindo as pautas de sustentabilitade e protección do medio ambiente (e do patrimonio) establecidas.