Apple en galego

Apple en galego

Como saberán, dende hai uns meses estou convertíndome en neofalante do galego. É algo complexo cambiar a túa lingua habitual por outra, sobre todo cando a que queres falar agora está menosprezada por desgraza aínda en moitos ámbitos, un deles a tecnoloxía. É unha vergonza que non se poda pór o teléfono en lingua galega pero si en lingua catalá ou castelá. Cal é a diferenza? Todos son idiomas e os seus falantes deberían ter o dereito a poder utilizalo en calquera lingua. O non poder pór por exemplo o teclado corrector en galego pero si en castelán fai que inconscientemente ou ben optes por eliminar o corrector ou cambies ao castelán. Porque non hai cousa máis incómoda que escribir “bo día” en vez de “buenos días” e que o teclado che diga que o primeiro está mal e o segundo está ben. Espero que todos os galegos, falantes, neo falantes e non falantes asinen esta petición en defensa da nosa identidade persoal e do mantemento da nosa cultura propia por medio da lingua. Conto con todos vós. Un saúdo
Pedro López Morillo