Petition Closed

Ao alcalde da Coruña, Carlos Negreira (PP): Esixímoslle ao Goberno municipal da Coruña que non suba o prezo da auga

O Goberno municipal do PP no Concello da Coruña aprobou inicialmente as ordenanzas fiscais e de prezos públicos que, entre outras taxas e impostos, incrementan o recibo da auga. Se ficamos parad@s, a auga, un ben de primeirísima necesidade que o PP considera un luxo, será máis cara na Coruña a partir de xaneiro, aumentando máis de 50 euros anuais polo recibo da auga. Trátase dun auténtico roubo e dun saqueo á cidadanía da Coruña.

Unha suba contraria á lei

A lei (Lei 8/1989, de 13 de abril, de Taxas e Prezos Públicos) obriga a que as taxas municipais dun servizo prestado polo Concello, como é o caso da auga e o abastecemento, deben cubrir os gastos de explotación pero nada máis. Así, a lei sinala que as taxas pola prestación dun servizo non poderá exceder o coste real do servizo. Pero a realidade é que a cidadanía da Coruña está a pagar máis do que se debería polo custo real do servizo. E isto evidénciase nos espectaculares resultados de Emalcsa.

E como sobe o recibo da auga?

 Os cambios na cota fixa da tarifa a pagar (a cota fixa sobe un 41% e o total con contador un 27%)
 A taxa de 12 euros por dar de alta o servizo (ao que hai que sumarlle a fianza que hai que pagar)
 A suba considerábel do servizo de sumidoiros, que se duplica
 A suba considerábel do servizo de depuración, que aumenta un 460%

A quen lle afecta máis o aumento do prezo da auga?

A taxa de depuración, de sumidoiros e a taxa por dar de alta o servizo sóbelles a todos os usarios e usuarias por igual. O prezo da auga auméntalle máis ao 87% das persoas consumidoras de auga, que son as que antes estaban nun caudal de 1,5 metros cúbicos ou inferior.

Cal é o obxectivo da suba do prezo da auga?

Este roubo do Goberno municipal ao peto da cidadanía ten por obxecto darlle máis beneficios a Emalcsa (a empresa municipal de augas) por conta dos e das subscritoras. E isto, malia os constantes beneficios rexistrados por Emalcsa. Só a través da suba da auga que vai aprobar o PP, Emalcsa sumará aos seus beneficios uns 2 millóns de euros a maiores.

Cos beneficios de Emalcsa finánciase parte do propio orzamento do Concello e outros servizos e contratacións externalizadas que escapan ao control municipal do Pleno e dos grupos municipais. É o caso de proxectos dos que non temos apenas información, como Smart City (11 millóns de euros) ou Coruña Futura (900.000 euros).

This petition was delivered to:
  • Alcalde da Coruña
    Ao alcalde da Coruña, Carlos Negreira (PP)
  • Portavoz do Goberno municipal
    Julio Flores


    Non á suba da auga Non á suba da auga started this petition with a single signature, and now has 217 supporters. Start a petition today to change something you care about.