Móvete pola conexión da fibra óptica en toda a zona rural de A Estrada

Móvete pola conexión da fibra óptica en toda a zona rural de A Estrada

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 500!
Con 500 firmas, es más probable que esta petición aparezca entre las peticiones recomendadas
Grupo Municipal de Móvete ha iniciado esta petición dirigida a Alcalde del Concello de A Estrada y

Solicitamos o teu apoio para que o Concello aproveite as axudas da Administración do Estado para realizar proxectos de extensión das redes de banda ancha, superior a 100 megabytes por segundo (Mbps) por TODOS os núcleos rurais.

É fundamental reducir a brecha dixital que afecta ao rural mellorando as posibilidades de conexión ás novas tecnoloxías a prezos asequibles. A conexión do rural á banda ancha terá un impacto positivo na calidade de vida, na dinamización económica e contribuirá a fixar poboación. Ademáis, nesta nova época marcada polo covid 19, é preciso extender a banda ancha de moi alta velocidade para que o estudantado poidan afrontar os estudos sen problemas, ante unha posible suspensión das clases presenciais, e para facer posible o teletraballo, que en moitos casos veu para quedarse.

Así as cousas, é responsabilidade do Concello conseguir as axudas do Estado para que as e os veciños se beneficien da banda ancha de moi alta velocidade. Hai que ter en conta que é obxetivo do goberno central que a cobertura chegue ao 93,5% da poboación, polo tanto o alcalde debe traballar para que a Estrada acade este obxectivo.

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 500!
Con 500 firmas, es más probable que esta petición aparezca entre las peticiones recomendadas