Petitioning Alcalde de Vigo

Salvemos o Laboratorio Municipal de Vigo

O goberno municipal de Vigo, co seu alcalde á cabeza, Abel Caballero, decidiron pechar o Laboratorio Municipal de Vigo (LAMUVI).
O LAMUVI é unha prestixiosa institución centenaria na nosa cidade que cumpre un importante servizo público, especialmente na garantía da salubridade e control do ciclo da auga; unha institución que forma parte da historia e da prestación de servizos eficientes á comunidade, da que a cidadanía viguesa se sinte orgullosa.

Amparándose en medias verdades e unha aparente ignorancia que, segundo el, "xustificarían" o peche do Laboratorio, Abel Caballero agocha a súa intención de reforzar e apuntalar o proceso privatizador da Auga en España. Faino, ademais, mediante atallos administrativos irregulares que lle permiten esquivar o estricto cumprimento da legalidade e da obrigada transparencia e sometemento a debate público.

Caballero dá dúas febles "razóns" (que será a salmodia que repetirá para tratar de persuadir da pertinencia desta impopular medida) para realizar esta operación de desmantelamento dun servizo público e da privatización das súas funcións:

 * O Laboratorio non está "homologado"; supoñemos que quere dicir que non está Acreditado. Unha confusión que amosa unha ignorancia que sorprende, ao esgrimirse como base para tomar a decisión de suprimir un servizo público. Isto non é certo: unha acreditación é un recoñecemento formal de independencia e calidade técnica. Tal e como se recolle nun recente documento en defensa do Laboratorio, ao que tivemos acceso:

O LAMUVI realiza un traballo de calidade e fiable, como demostran os resultados nos execizos de intercomparación nos que participa xunta outros laboratorios nacionais, moitos deles acreeditados. O LAMUVI ten participando, dende 1997, nestas rondas intercomparativas realizadas por organismos certificados por ENAC, sendo os seus resultados tan bos como os de laboratorios acreditados. A acreditación significará o seu recoñecemento formal, proceso que xa se iniciou co adopciòn dun sistema de xestión de calidade que debe conducir á Acreditación final. A homologación é un requisito obrigatorio imposto por unha autoridade segundo normas establecidas. Xeralmente refírese a productos, e é imprescindible para poder comercializalos. A Acreditación mediante certificación é un acto voluntario que confirma unha competencia técnica. O LAMUVI non ten por que estar homologado, pero podería estar acreditado. Coa calidade demostrada polo Laboratorio vigués, a Acreditación pode obterse cando interese. Se de pecha o LAMUVI por non ser un servizo acreditado se deberían pechar a metade dos servizos municipais.

Abel Caballero exhibe este suposto problema como excusa -que ademais está na súa man solucionar de maneira fácil e barata- en lugar de esgrimir os argumentos xustificativos que son esixibles a unha autoridade pública cando pretende suprimir un servizo municipal.

* Di o alcalde Abel Caballero que o Concello non ten competencias nesta materia neste momento, por seren absorvidas pola Comunidade Autónoma. Non é verdade: os Concellos manteñen as súas competencias propias conforme á lexislación vixente (RD 140/2003 e Lei 27/2013) relacionadas co Ciclo da Auga: subministro de auga potable, inspección e control dos vertidos á rede de sumidoiros e protección da salubridade pública (control, tratamento e prevención de pragas urbanas, control da calidade da auga das súas fontes...).

Sen embargo, existen moitas razóns de interese xeral que xustifican a existencia do noso Laboratorio:

- Todas as cidades españolas importantes teñen o seu propio Laboratorio: Madrid, Barcelona, Valencia, Sevilla, Bilbao, Zaragoza, San Sebastián, Pamplona, Vitoria, Hospitalet, Cartagena... Vigo debe seguir pertencendo a este grupo de excelencia no control municipal da saúde pública.

- O LAMUVI existe dende 1902 e acumula un inorme acervo de experiencia técnica e administrativa, práctica científica e coñecemento. O seu peche significaría a perda irreversible deste acervo, a desaparición de valiosos profesionais formados na excelencia ao longo da súa historia, e dunhas magníficas e costosas, aínda que mellorables, instalacións e equipamento técnico.

- O LAMUVI é un servizo público de primeira orde. Ofrece a garantía aos cidadáns de que dispoñan dun control público independente nas áreas de saúde urbana e medio ambiente, que actúa sen intermediarios privados, de xeito inmediato e fiable.
- O LAMUVI -como se recolle no documento comentado- ademais das competencias propias atribuídas pola lexislación, realiza na actualidade importantes servizos á cidadanía, como:

  • Análises a calquera particular que o solicite, previo pagamento das taxas municipais establecidas expresamente nas Ordenanzas
  • Análise dos lixiviados da planta do Zondal, fundamentais para o control da contaminación da capa freática, das augas de pozos e regatos próximos.
  • Análise das mostras de vertidos recollidas pola Policía Local
  • Control das augas das piscinas
  • Análise das traídas de xestión veciñal que fornecen de auga potable a miles de veciños
  • Control de Legionella nas fontes ornamentais da cidade
  • Análise das augas de praias e río Lagares
  • Labores de difusión e docentes ao alumnado dos centros de ensino vigueses.

- Labor sobresaínte é a que realiza no control das augas das case 400 fontes rexistradas que existen no municipio, que son sistematicamente controladas e caracterizadas dende hai décadas polo LAMUVI. Está, ademais, preparada para a súa difusión, o portal de internet realizado polo Laboratorio para dar puntual información á cidadanía.
- A garantía da calidade da auga que chega á billa (que está xestionada por unha empresa privada en réxime de concesión, actualmente FCC Aqualia) só será posible dende un laboratorio público como o noso, evitando así que a concesionaria sexa quen se "autocontrole", cos evidentes perigos que isto supón.
- Ademais, dentro da lóxica de lograr a maior eficiencia na prestación dos servizos públicos, a lexislación vixente contempla a posibilidade de realizar labores delegadas pola Administración Autonómica. Unha delegación cuxa necesidade é obvia se temos en conta que en toda Galicia só existe un Laboratorio autonómico de Saúde Púbica centralizado en Lugo.
- Coa creación inmediata dun novo ente público intermunicipal, como a Área Metropolitana de Vigo, fai imprescindible a máxima rendabilización dos recursos públicos coa posta a disposición deste Ente, dun servizo de Saúde Pública que xa existe e que conta cunha capacidade e calidade abondo demostrada.

Non podemos obviar o contexto no que se produce esta acción do goberno municipal do PSOE en Vigo:

- O proceso privatizador de servizos públicos esenciais, especialmente do concernente á saúde pública e ao vital Ciclo da Auga, que vén a reforzarse coa eliminación deste Laboratorio. As súas funcións deberán ser prestadas agora por unha empresa privada e non sería de extrañar -aínda que se mantén un sospeitoso silenzo neste sentido- que se pasase directamente á actual concesionaria, o que provocaría non só a mediación privada no control das augas -a concesionaria sería xuiz e parte-, senon tamén, o encarecemento do recibo.

- Esta acción prodúcese cando os Concellos do cambio -moitos deles participados polo PSOE- estudian seriamente, e mesmo executan, procesos de reversión das concesións, que permitan unha xestión pública plena, eficiente e económica, do ben común esencial que é a auga.

Resulta sorprendente, neste sentido, que sexa o mesmo partido, o PSOE, o que se opoña frontalmente, por exemplo,  á desaparición do Laboratorio Municipal nunha cidade como Albacete (no que os tribunais xa sentenciaron a ilegalidade desta medida que puxo en práctica o PP nesa cidade) e en Vigo, sexa o promotor da súa desaparición e privatización.

Resulta intolerable, ademais, que este peche dun servizo público se realice mediante a irregular  fórmula de baleiralo de traballadores e técnicos, mediante un procedemento de decreto de reascripción de efectivos a outros servizos municipais. Así evítase o regulamentario procedemento de supresión dun servizo público, de reasignación dos seus orzamentos, da publicidade e debate público do mesmo, e a necesidade de fundamentar técnica e xuridicamente as razóns do peche indicando cales van a ser as vías, medios e recursos económicos que, en ausencia do Laboratorio, se utilizarán para dar cumprimento ás obrigas municipais en materia de subministro e control das augas.

Sorprende tamén que o alcalde Abel Caballero protestase airadamente pola recente supresión, por parte da Xunta de Galicia, do Laboratorio no Hospital Álvaro Cunqueiro, cando el mesmo priva á cidade dun imprescindible servizo público que, nas condicións actuais, non só está en enteira disposición de cumprir as súas tarefas propias, senon tamén de acometer con eficiencia os labores de saúde pública intermunicipal derivados da posta en marcha da Área Metropolitana.

Por estas razóns, pola garantía da eficiencia no control e mellora da saúde pública no noso Concello, por conservar unha institución e servizo que non só presta unha indispensable labor social e medioambiental, senon que tamén é un elemento de prestixio e orgullo para a nosa cidade, esiximos al Alcalde de Vigo e ao PSOE de Galicia:

  1. Que non se peche o Laboratorio Municipal de Vigo, e que se acometan as melloras necesarias técnicas, de dotación e, se é o caso, Certificación, para o seu pleno e eficiente funcionamento ao servizo da saúde pública da cidadanía viguesa e do control do ciclo da auga do municipio e da súa Área Metropolitana.
  2. Que, en paralelo, se estudien as posibilidades e conveniencia da súa integración ou colaboración, mediante a fórmula de delegación ou da que se considere máis oportuna, non só dentro dos servizos futuros da Área Metropolitana, senon tamén na Rede de saúde pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

This petition will be delivered to:
  • Alcalde de Vigo


    Vigoblog En Vigo started this petition with a single signature, and now has 559 supporters. Start a petition today to change something you care about.




    This cause needs your help. Every signature counts!